Cristina Fontaneda

----

Cristina Fontaneda


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Cristina Fontaneda


Directora do Museo Patio Herreriano de Arte Contemporáneo Español de Valladolid desde 2006, institución que alberga desde a súa creación, en 2002, a Colección Arte Contemporáneo. Licenciada en Filosofía e Letras (Xeografía e Historia, especialidade de Arqueoloxía) e en Historia da Arte pola Universidad de Valladolid. Completou a súa formación co Mestrado en Xestión do Patrimonio Cultural pola Universidad Complutense de Madrid e cursos de Museografía, Museoloxía e Márketing Cultural realizados en Florencia (Italia).
É membro de varios comités e asociacións, entre os que destacan: a Comisión Asesora do MAS/Museo de Arte Moderno y Contemporáneo de Santander y Cantabria, e das asociacións: Mujeres en las Artes Visuales (MAV), o Instituto de Arte Contemporáneo (IAC), ADACE (Asociación de Directores de Arte Contemporáneo de España) e ACYLCA (Asociación de Críticos de Arte de Castilla y León), membro do grupo sectorial de Fundaciones de Cultura e do comité de coordinación do Consejo Autonómico de Castilla y León da Asociación Española de Fundaciones.
Traballa no Museo Patio Herreriano de Arte Contemporáneo Español de Valladolid desde o ano 2003, onde desempeñou os postos de coordinadora de conservación e rexistro e coordinadora de colección e exposicións antes de ser nomeada directora.
Anteriormente traballou como coordinadora de proxectos culturais en La Fábrica. Gestión + Cultura, S.L., destacando a coordinación do programa Generaciones 2003. Premios y Becas de Arte Caja Madrid ou a coordinación de loxística da V Edición del Festival Internacional de Fotografía PhotoEspaña 2002. Así mesmo, foi bolseira de Xestión Cultural do Ministerio de Educación e Cultura en 2000 na Dirección Xeral de Cooperación e Comunicación Cultural e en 2001 na Dirección Xeral de Belas Artes. Tamén, durante eses anos traballou na galería de Arte May Moré de Madrid.
É, ademais, vicepresidenta da Fundación Eugenio Fontaneda, entidade que desde o ano 2004 é responsable da xestión e conservación do Castillo de Ampudia (Palencia) e as coleccións artísticas que custodia.
É profesora e conferenciante en diversos cursos e mestrados sobre arte contemporánea, coleccionismo e xestión cultural e foi xurado en prestixiosos premios de arte contemporánea

Cristina Fontaneda nas actividades do CCG

Arte + Coleccionismo