Beatriz Corral

----

Beatriz Corral


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Beatriz Corral


Licenciada en Filoloxía Galega (USC, 2006), Curso de Aptitude Pedagóxica (USC, 2007), Curso de Experta en Linguaxe Oral para os Medios de Comunicación (USC, 2007), Ciclo Superior de Galego (2008), Mestrado en Política Lingüística e Planificación da Lingua Galega (UDC, 2009), Curso de Especialista en Administración Local (USC, 2010), Mestrado en Administración Local (USC, 2011), Posgrao en Responsabilidade Social (UDC-Cátedra Inditex, 2012), Mestrado en Xestión Pública (USC, 2014) e Curso de Experta en Xestión Cultural (USC, 2015).
Foi bolseira e traballou como tradutora-asesora lingüística nos servizos informativos da TVG e da Radio Galega (2006-2009). Colaborou coa Xunta de Galicia na impartición de cursos de (tele)formación en lingua galega para persoas adultas (2007-2011) e na avaliación e corrección das probas de acreditación do Celga (2007-2013). Foi asesora técnica de dinamización lingüística da Secretaría Xeral de Política Lingüística (2009-2015) e é, desde 2012, a coordinadora técnica da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia. Actualmente, desenvolve o seu labor profesional como técnica de normalización lingüística na Deputación da Coruña.

Beatriz Corral nas actividades do CCG