Xaquín Loredo Gutiérrez

----

Xaquín Loredo Gutiérrez


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Xaquín Loredo Gutiérrez


Licenciado en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e membro do Seminario de Sociolingüística da RAG desde o 2000 ata a actualidade.
Ten participado en máis de seis proxectos de investigación entre os que destaca a “Revisión do Mapa Sociolingüístico de Galicia” do Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega en colaboración coa Xunta de Galicia ou a “Avaliación da competencia do alumnado de 4º da ESO nos idiomas galego e castelán”. Universidade de Santiago de Compostela. ICE en colaboración coa Xunta de Galicia.
As súas liñas de traballo actuais e futuras: Avaliación das competencias lingüísticas en galego e castelán ao final do ensino obrigatorio. Elaboración dun modelo preditivo; Análise de perfís de cambio de lingua habitual; Estudo das actitudes lingüísticas implícitas cara á lingua galega e castelá; Estudo do cambio de actitudes lingüísticas implícitas e explícitas en galego e castelán; Comparación entre as actitudes implícitas e explícitas ante o galego e o castelán; Avaliación da evolución dos usos lingüísticos en Galicia.