Beatriz Vaquero Díaz

----

Beatriz Vaquero Díaz

1963 A Coruña
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Beatriz Vaquero Díaz

1963- A Coruña
Mª Beatriz Vaquero Díaz (A Coruña, 1963) licenciouse en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela no ano 1986 e obtivo o título de doutora en Historia pola Universidade de Vigo en xullo de 2001.
Na actualidade é profesora contratada doutora da Área de Ciencias e Técnicas Historiográficas e imparte docencia na Facultade de Historia (Universidade de Vigo).
A súa investigación céntrase na transcrición e estudo da documentación galega medieval, con traballos sobre institucións relixiosas, entre os que destaca a Colección diplomática do Mosteiro de San Salvador de Celanova (ss. XIII-XV), a edición do Libro das posesións do Cabido Catedral de Ourense (1453) e os dous tomos da Colección documental del Archivo de la Catedral de Ourense (888-1230) e (1231-1300).

Publicacións nas que participou Beatriz Vaquero Díaz