Isabel Fernández López

----

Isabel Fernández López


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Isabel Fernández López


Licenciada en Filoloxía Hispánica, Universidade de Santiago de Compostela onde cursou a súa tese de . doutoramento titulada La adquisición del sistema fonológico en niños castellanohablantes: perfiles y condicionamientos
É profesora na Área de Didáctica da Lingua e a Literatura da USC onde desenvolveu a súa carreira docente desde o ano 2000.
Participou en proxectos de investigación, de financiamento autonómico e estatal: "Elaboración de un test (lingüístico) para evaluar déficits fónicos en edad infantil", outubro 2000-decembro 2003; "Elaboración de un test (lingüístico) para evaluar déficits gramaticales (morfológicos y sintácticos) en edad infantil", xaneiro de 2000-decembro de 2003; "Elaboración de un test (lingüístico) para detectar déficits comunicativos (morfológicos y sintácticos) en edad infantil", integrado no macroproxecto "Análisis y evaluación lingüística de déficits comunicativos que inciden en Gramática", xaneiro de 2002-decembro de 2004; "Medidas de eficacia comunicativa en las ‘construcciones’ lingüísticas del habla infantil", integrado no macroproxecto "Eficacia y evolución del lenguaje en el habla infantil y afásica", decembro de 2004-decembro de 2007; "Exploración pautada del habla infantil usando el corpus 'Koiné'. Eficacia comunicativa y progreso construccional", integrado no macroproxecto "Logopedia y Lingüística de corpus. Exploración del habla infantil y del afásico", xaneiro de 2008-decembro de 2010; "Exploración de capacidades metalingüísticas na linguaxe infantil", xaneiro de 2011-.
Entre as súas publicacións destacan ¿Cómo hablan los niños? El desarrollo del componente fonológico en el lenguaje infantil (Arco Libros, 2009); Consideraciones previas al estudio del componente fonológico en el proceso adquisitivo (Círculo Rojo, 2010).

Materiais de Isabel Fernández López

Isabel Fernández López nas actividades do CCG