Ignacio Aguaded

----

Ignacio Aguaded


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Ignacio Aguaded


Catedrático de Universidade e profesor de Educación en Medios de Comunicación e de Tecnoloxías aplicadas á Educación na Universidad de Huelva. Academicamente é doutor en Psicopedagoxía, mestre e licenciado en Ciencias da Educación e en Filoloxía Hispánica.
Profesionalmente é presidente-fundador do Grupo Comunicar, colectivo veterano en España en «Media Literacy», e editor xefe da revista científica de educomunicación Comunicar (indexada en JCR, SSCI, Scopus, ERIH, RECYT…), que se distribúe internacionalmente en edición bilingüe; é, ademais, asesor científico de múltiples revistas nacionais e internacionais. Foi vicerreitor de Tecnoloxías e Calidade da Universidad de Huelva durante sete anos e medio (2005-12).
Na actualidade é director do Grupo de Investigación “Agora” dentro do Plan Andaluz de Investigación (HUM-648), dirixiu co seu equipo distintos proxectos de investigación I+D+i (Plan Nacional), “Interreg-III”, “E-learning” (Unión Europea)... Actualmente é IP do I+D Coordinado “La enseñanza obligatoria ante la competencia en comunicación audiovisual en un entorno digital” con máis de 22 universidades de España (2011-14) e do Proxecto de Excelencia “Al-famed (La competencia audiovisual de la ciudadanía andaluza. Estrategias de alfabetización mediática en la sociedad del ocio digital” [2010-15].
Participa en múltiples actividades formativas e de investigación no ámbito do uso didáctico dos medios de comunicación, ditando conferencias en foros e congresos de universidades nacionais e estranxeiras, participa con relatorios en mestrados de diferentes universidades españolas, así como en centros de investigación internacionais (Arxentina, Chile, Portugal, Venezuela, Brasil, Bélxica, Suecia, México, Italia, etc.). Dirixiu case dúas decenas de teses de doutoramento e múltiples traballos de investigación en mestrados e posgraos internacionais.