Mercè Saumell

----

Mercè Saumell


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Mercè Saumell


Licenciada en Historia da Arte e doutora pola Universitat de Barcelona. A súa especialidade é o teatro contemporáneo e, especialmente, o teatro catalán de creación (Comediants, La Fura dels Baus). É profesora titular do Institut del Teatre da Deputación de Barcelona e, desde 2009, directora de Servizos Culturais, dos cales dependen o Centro de Documentación e Museo das Artes Escénicas e as publicacións.
Actualmente tamén imparte docencia no MUET, Mâster Oficial Interuniversitari d’Estudis Teatrals. Traballou na Universitat de Girona (Màster en Art i Comunicació, MACAPD Master in Contemporary Arts Practice & Dissemination) e foi responsable da Aula de Teatro da Universidad de Salamanca.
Escribiu artigos en numerosas revistas especializadas nacionais e internacionais, e tamén é autora de dous libros sobre escena contemporánea.
Forma parte de dous grupos de investigación acreditados sobre artes escénicas: CSIC, dirixido polo doutor Óscar Cornago, e GREGA, da Universitat de Barcelona, dirixido polo doutor Pere Salabert.
É membro do comité executivo de SIBMAS e en 2013 organizou, xunto a Boris Daussà, o Congreso Mundial da IFTR (International Federation for Theatre Research) en Barcelona. É membro do comité científico do proxecto de Cooperación Europea Playing Identities, Performing Heritage.

Mercè Saumell nas actividades do CCG