Elna Matamoros

----

Elna Matamoros

1972 Madrid
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Elna Matamoros

1972- Madrid
Ballet Master na Compañía Nacional de Danza (CND). Asesora da Fundación Loewe.
Realizou os seus estudos de danza principalmente coa súa nai, Carmina Ocaña, seguindo as ensinanzas da Escola Danesa de Ballet Clásico, fundada por August Bournonville no século XIX. Antes de incorporarse á CND, foi mestra de ballet no Ballet Nacional de España durante dez anos, nos cales se centrou no desenvolvemento, recuperación e promoción da xoia máis valiosa da danza española: a Escuela Bolera. Anteriormente traballou como asistenta coreográfica no Ballet de Víctor Ullate – Ballet de la Comunidad de Madrid e como profesora no Real Conservatorio Profesional de Danza de Madrid e na Escuela de Ballet Carmina Ocaña, entre outros lugares.
É autora de Augusto Bournonville, Historia y Estilo, con prólogo de Tamara Rojo (Madrid, Akal, 2008), e editora, por encargo da Fundación Antonio Gades, de Carmen/Gades 25 Años (Madrid, Fundación Autor, 2008). O seu blog Once Upon a Chácena (onceuponachacena.com) mostra as interioridades das artes escénicas desde a perspectiva da artista. Ademais de colaboradora habitual de varias publicacións de danza e artes escénicas (Por la Danza, Arte x Arte, Mundo Clásico…), é redactora e editora do blog da Fundación Loewe (blogfundacionloewe.es), tanto na súa versión española como na inglesa. Actualmente deseña e desenvolve o programa de Actividades Educativas da CND xunto ao seu director artístico, José Carlos Martínez.
Titulada en Danza Clásica polo Real Conservatorio de Danza de Madrid (1989) e Master of Arts en Dance Education pola New York University, Department of Music and Performing Arts (2000).

Elna Matamoros nas actividades do CCG