Biografía de Carme Vidal
Licenciada en Filosofía e Ciencias da Educación e Xornalismo. Foi redactora no semanario A Nosa Terra e na actualidade forma parte do equipo de redacción de Sermos Galiza, dixital diario e semanario en papel.
Autora de diferentes publicacións, en especial, encamiñadas a recuperar a memoria das mulleres. Entre elas a biografía Maruxa Mallo (Colección Mulleres de ANT) ou os estudos biográficos dos libros memorialísticos Diarios de Syra Alonso ou Cárcere de Ventas de Mercedes Núñez. Publicou tamén Mª Luz Morales, a grande dama do xornalismo en VVAA Xornalistas con opinión e xunto con David Barro o libro de entrevistas Voces de Atlántica (MARCO-Galaxia). Forma parte da Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega.
Materiais de Carme Vidal
Carme Vidal nas actividades do CCG
Artigos
VIDAL, C. (2002) Vieira da Silva, a pintora dos labirintos. Festa da palabra silenciada. (17), 53-56.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;