Biografía de Cristina Rubal
Funcionaria do Corpo Superior da Administración Xeral da Xunta de Galicia desde 1993, e desde 2013 ten o cargo de subdirectora xeral de Bibliotecas e do Libro, departamento no que xestiona os procedementos para a mellora das coleccións e da actividade bibliotecaria da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e o traballo da Biblioteca de Galicia e do Rexistro de Propiedade Intelectual. É a responsábel de levar adiante o labor de promoción do libro galego, tanto dentro de Galicia como no exterior, a través de diferentes iniciativas, como por exemplo a posta en marcha de subvencións á tradución, a compra de libros para as bibliotecas, as feiras do libro en Galicia e a presenza da creación literaria e cultural galega nas principais feiras internacionais do libro.