Cristina Ares

----

Cristina Ares


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Cristina Ares


Profesora titular da Área de Ciencia Política e da Administración da Universidade de Santiago de Compostela, é especialista en política da Unión Europea e política comparada. Realizou o Máster en Estudos Europeos Políticos e Administrativos do Colexio de Europa de Bruxas, así como estadías de longa duración no Departamento Democracia e Democratización do Centro de Ciencias Sociais de Berlín (WZB) e no Centro para o Estudo de Europa da Universidade de Boston. Forma parte de diversos equipos de proxectos de investigación europeos e nacionais de referencia internacional.

É autora de traballos académicos sobre temas da Unión Europea, gobernanza multinivel e competición electoral programática, entre outras cuestións. As súas investigacións actuais versan sobre o papel dos parlamentos e os partidos políticos na toma de decisións da UE, así como a modernización das administracións de ámbito estatal asociada á execución do orzamento da Unión e o deseño e implementación doutras políticas públicas europeas (código ORCID: https://orcid.org/0000-0002-2278-629X).

Algunhas publicacións da súa autoría poden descargarse en: https://dialnet.unirioja.es/servlet/autor?codigo=1964516

Cristina Ares nas actividades do CCG