Joaquín Urías

----

Joaquín Urías


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Joaquín Urías


Profesor de Dereito Constitucional da Universidad de Sevilla desde hai 30 anos. Doutor en Dereito por esa mesma universidade tras realizar estudos para o seu doutoramento no Max Planck Institut de Dereito Público en Heildelberg (Alemaña).

Durante seis anos, até 2010, foi letrado do Tribunal Constitucional de España.

Entre 2010 e 2014 dirixiu o proxecto EURALIUS da Unión Europea para a reforma do sistema xudicial de Albania.

Publicou seis libros dedicados esencialmente á xustiza constitucional e á liberdade de expresión, temas centrais das súas investigacións científicas. Tamén publicou unha trintena de artigos científicos.

Dirixiu proxectos de investigación sobre procesos electorais e traballou para a OCDE asesorando as autoridades españolas para a elaboración dunha lei integral de servizos sociais.

Actualmente dirixe un proxecto da Unión Europea para avaliar os progresos do Estado albanés en materia de reforma xudicial.

En paralelo, desenvolve unha carreira como activista social e polos dereitos humanos: traballou seis anos con refuxiados en campos da antiga Iugoslavia e dous anos en asentamentos chabolistas en España. Foi portavoz do Foro Social de Sevilla dentro do movemento antiglobalización e contra a guerra de Iraq. Participou en proxectos sociais en Haití, Costa de Marfil ou Indonesia, entre outros países. Con ocasión da crise de refuxiados despois da guerra de Siria, traballou en campos de refuxiados na illa de Lesbos e dirixiu un proxecto nos campos de Grecia.

Colabora habitualmente en diversos medios de comunicación audiovisuais e publica artigos de opinión en diferentes medios escritos.