Xulio Ríos

----

Xulio Ríos

1958 Moaña
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Xulio Ríos

1958- Moaña
Graduado Social e licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. En 1991 fundou o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, que, tras 25 anos baixo a súa dirección, preside a título de honra; en 1997, o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, a axencia municipal para a cooperación internacional; e, en 2001, a Fundación Plácido Castro, que tamén dirixe na actualidade.

É membro do consello asesor de Casa Asia e da Red Navarra de Estudios Chinos. Correspondente académico do Observatorio de Asia-Pacífico (Universidad Tadeo Lozano, Colombia), membro do Consello Consultivo Honorario da carreira de “Especialización en Estudios en China Contemporánea”, da Universidad Nacional de Lanús (Arxentina). Director do Observatorio de la Política China (Casa Asia-IGADI); promotor e coordinador da Red Iberoamericana de Sinología; codirector do Compendio Anual sobre las Relaciones entre China e Iberoamérica, que edita a Universidade de Zhejiang (China); dirixe o Informe Anual sobre Política China, que se publica dende 2007; o Informe sobre Taiwán, que se publica dende 2015; o Simposio Electrónico Internacional sobre Política China (dende 2011); Jiexi Zhongguo, trimestral de análise e pensamento iberoamericano sobre China (dende 2011), e Taiwan Hebdo, semanario de información política sobre Taiwán e as relacións a través do Estreito (dende 2013). Profesor do Instituto de Altos Estudos Universitarios e profesor colaborador do Instituto de Educación Superior Intercontinental de la Empresa (IESIDE).


Colaborador en numerosos medios de comunicación como El País , Faro de Vigo, El Correo Gallego, La Voz de Galicia, La Vanguardia, Radio Internacional de China, Radio Nederland, BBC, Cadena SER, Radio Nacional de España ou Radio France Internacional, así como con cadeas de televisión (CCTV, TVG, TVE), revistas especializadas (Grial, Política Exterior, Economía Exterior, Pueblos, El Viejo Topo, East Asia. An International Quarterly, Vanguardia Dossier, Humania del Sur, Revista de Occidente, Estudios de Asia y África, Pensamiento Propio, Sinología Hispánica, Cuadernos de Estrategia etc.), dixitais (Praza, Sermos Galiza, Rebelión ou Público), semanarios (Brecha, de Uruguai), axencias de noticias (Xinhua, AGN, EFE, AFP, Alainet) ou anuarios de estudos internacionais (CEIPAZ, CIDOB), entre outros. Entre 1997 e 2019 dirixiu Tempo Exterior, revista galega de análise e estudos internacionais.

É membro do consello asesor da Fundación Carlos Casares, do consello de administración da revista mensual Tempos Novos e membro correspondente da Real Academia Galega. Foi membro do Consello de Acción Exterior de Galicia dende a súa creación en 2010 ata 2013. Ten publicados máis dunha vintena de títulos en galego, castelán, portugués, inglés e chinés. Tamén é membro do comité científico de numerosas publicacións. Ten numerosos recoñecementos e distincións, entre eles o premio China Chair.

Publicacións nas que participou Xulio Ríos

Portada de  Lois Tobío
LIBRO. ACTAS

Lois Tobío

Galeguista, tradutor e xornalista

Biobibliografías para o Álbum de Galicia

Plácido Castro

Corcubión, 1902 - Cambados, 1967
Plácido Castro, referencia singular do universalismo galeguista