Javier Vilanova

----

Javier Vilanova


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Javier Vilanova


Estudou Filosofía na Universidade de Santiago de Compostela, onde se doutorou en 1996 coa tese “Similaridad intermundana y lógica condicional”. En 1997 trasládase ao Departamento de Lóxica e Filosofía da Ciencia da Universidad Complutense de Madrid, onde desenvolve a súa actividade docente e investigadora, con estadías de investigación na Universidade de Lodz, o Instituto de Investigacións Filosóficas da UNAM de México, a Universidade de Stanford, a Universidade de Tucumáne, en 2017, o CRRAR da Universidade de Windsor. Traballou en temas de Lóxica (lóxica modal, condicional…), Filosofía da Lóxica (status do coñecemento lóxico, teoría de definicións implícitas…), Filosofía da Linguaxe (analiticidade, pragmática…), Teoría da Argumentación (circularidade argumental, xustificación argumentativa…), Filosofía da Filosofía (filosofía e sentido común, metodoloxía filosófica…) e Historia da Filosofía (Moore, Austin, Wittgenstein…). Publicou tres libros —o último, Filosofía de sentido común, en 2021 en Escolar Editor— e máis de 50 artigos e capítulos de libros en revistas e editoriais internacionais. Na actualidade a súaprincipal preocupación concéntranse na práctica dunha “filosofía para todos”, que se abra a un público máis amplo que o puramente académico sen perder profundidade nin rigor. https://ucm.academia.edu/
JavierVilanovaArias