María Xosé Porteiro García

----

María Xosé Porteiro García

1952 Madrid
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de María Xosé Porteiro García

1952- Madrid
Licenciada en Publicidade, xornalista, escritora e política. Traballou en El Pueblo Gallego, La Voz de Vigo, Radio Popular, La Voz de Galicia, Tiempo e El País. Foi xefa de prensa do Concello de Vigo e directora de INCOLSA, do Museo del Ferrocarril de Madrid e da Dirección de Comunicación da Fundación de los Ferrocarriles Españoles.

Como política foi parlamentaria galega, deputada no Congreso dos Deputados, membro das Asambleas Parlamentarias do Consello de Europa e da Unión Europea Occidental, e delegada de Galicia no Exterior. Ten a Encomenda ao Mérito Civil. En agosto de 2019 é designada polo Parlamento Galego como adxunta á Valedora do Pobo.

Como escritora de ficción histórica destaca Sándalo, unha novela onde a autora recolle douscentos anos de percorrido na historia colectiva. Premio Ernestina Otero 2020 concedido na cidade de Vigo pola súa labor e traxectoria

Publicacións nas que participou María Xosé Porteiro García

Portada de  Informe sobre os arquivos públicos en Galicia.
LIBRO

Informe sobre os arquivos públicos en Galicia.

Unha perspectiva de xénero e feminista
Portada de  Celso Emilio Ferreiro
LIBRO-AUDIO

Celso Emilio Ferreiro

Entrevista

María Xosé Porteiro García nas actividades do CCG

A presenza galega na Habana

Celso Emilio Ferreiro

Artigos

PORTEIRO GARCíA, M. (5/1983) A muller e os medios de comunicación. Festa da palabra silenciada. (00), 4.
Ver artigo
Mencións:
PORTEIRO GARCíA, M. (5/1984) A muller na información. Andaina. 1ª época (6), 11.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Colectivo Andaina de Mulleres;
Mencións:
PORTEIRO GARCíA, M. (9/1990) O "museo da muller" de Aarhus: unha lección de autoestima. Festa da palabra silenciada. (07), 95 .
Ver artigo Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
Mencións:
PORTEIRO GARCíA, M. (2012) Clara Zetkin e as súas lembranzas de Lenin. Festa da palabra silenciada. (28), 31-34.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
Mencións: