Teresa Nieto Freire

----

Teresa Nieto Freire


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Teresa Nieto Freire


Arquitecta, dende 1989 é funcionaria do corpo especial de arquitectos da Xunta de Galicia, onde desenvolve a súa actividade na protección do patrimonio cultural dende o ano 1999.


Foi xefa da Oficina Técnica do Instituto Galego de Vivenda e Solo, xefa do Servizo de Urbanismo en Pontevedra e subdirectora de Protección da Cidade e dos Camiños de Santiago no período 2006-2009. Vicepresidenta do Comité Asesor do Camiño de Santiago, vogal de diversas comisións de patrimonio, entre elas da Comisión Territorial de Patrimonio Histórico de Pontevedra, da Subcomisión Xunta-Igrexa e do consello executivo da Axencia de Protección da Legalidade.


Dende a Subdirección de Protección da Cidade e dos Camiños de Santiago deseñou a metodoloxía para a delimitación dos Camiños de Santiago e puxo en marcha o proceso para a súa delimitación co desenvolvemento dos estudos do territorio histórico dos Camiños e a elaboración da proposta de delimitación das rutas.


Na actualidade é membro da Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega.


Relatora en diversos congresos, xornadas e cursos en relación cos Camiños de Santiago, o patrimonio mundial e a protección e defensa do patrimonio cultural, organizados polo Ministerio de Cultura, Xunta de Galicia, Consello da Cultura Galega e Colexio de Arquitectos de Galicia. Profesora no Máster en Tecnoloxías para a Protección do Patrimonio Cultural Inmoble, da Universidade de Vigo, 2010-2013.


 


Coautora do libro Camiños de Santiago, 50 anos de desprotección patrimonial dun itinerario cultural (2013), en colaboración con Carlos Amoedo Souto, e autora do capítulo “Territorio y protección de los caminos de Santiago en Galicia: delimitación y criterios de intervención” en Los Caminos de Santiago en Asturias. Miradas cruzadas sobre su tratamiento jurídico y gestión patrimonial (2018), dirixido por María Rosario Alonso Ibáñez.

Publicacións nas que participou Teresa Nieto Freire

Portada de  Foro Patrimonio e Sociedade
LIBRO

Foro Patrimonio e Sociedade

Guía práctica para a análise dun sector clave na gobernanza do futuro 2019-2021
Portada de A posta en valor do patrimonio cultural dos ríos
LIBRO. ACTAS

A posta en valor do patrimonio cultural dos ríos

: Galicia e outros exemplos

Teresa Nieto Freire nas actividades do CCG