Míriam Ferradáns

----

Míriam Ferradáns

1982 Bon (Beluso, Bueu, Pontevedra)
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Míriam Ferradáns

1982- Bon (Beluso, Bueu, Pontevedra)
(Bon, 1982) Poeta e columnista ten publicadas a plaquette Deshabitar unha casa (2016) e Nomes de Fume (2017), cos que gañou, respectivamente, o premio de poesía Francisco Añón e o Premio Nacional de poesía Xosé María Pérez Parallé. Con Do tacto , breve poemario escrito no 2017 recibiu o premio de poesía Leiras Pulpeiro do Concello de Mondoñedo.
A finais do pasado ano, a editorial especializada en poesía Apiario, publicou o seu último libro: unha plaquette titulada Agosto .
Noms de fum , a tradución ao catalán do seu libro por parte da poeta Premio da crítica en poesía en lingua catalá, Dolors Miquel, viu a luz no 2019 e no 2020 aparece, baixo o título Nombres de humo , a tradución do mesmo ao castelán elaborada polo Premio Nacional de Poesía Joven, Gonzalo Hermo.
Premio Rosalía De Castro de Cornellá durante tres anos consecutivos, participou tamén en varias obras colectivas así como en revistas especializadas como Dorna ou Madrygal. Asimesmo no 2019 participou na edición do libro de Sesé Mateo, No camiño do vento , o recolle parte da obra de Sesé Mateo, muller víctima da violencia de xénero e no libro colectivo Sempre Marzo (2019), editado por Xanela Editorial onde poetas e artistas plásticas conversan sobre a muller e as súas múltiples realidades. No ano 2020 foi finalista do Premio de Xornalismo Francisco Fernández del Riego.
Fortemente vencellada ao movemento cultural e educativo, organiza e desenvolve actividades relacionadas coa lectura reflexiva e a escrita lúdica con crianzas e adolescentes.

Publicacións nas que participou Míriam Ferradáns

Portada de O equilibrio dos extremos
LIBRO

O equilibrio dos extremos

: Xela Arias en 12 voces

Materiais de Míriam Ferradáns

Documento

No roteiro Os ollos abertos das mulleres, Míriam Ferradáns guíanos pola cidade de Pontevedra da man de Aurora Vidal Martínez

Ferradáns, Míriam: Paseos pola Pontevedra Literaria 2020: Os ollos abertos das mulleres/cite>. A Coruña: AELG, 2020.

Na xanela desde marzo

Na xanela desde abril