Alicia Fernández

----

Alicia Fernández

1987 Escairón (Lugo)
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Alicia Fernández

1987- Escairón (Lugo)
(Escairón, 1987) licenciouse en Filoloxía Galega e participou en varios proxectos relacionados coa escrita e a edición. Dirixiu, xunto ao escritor Eduard Velasco, a libraría especializada en poesía Chan da Pólvora entre 2016 e 2018. Participou en recitais e impartiu obradoiros de iniciación á escrita poética para nen*s e adult*s. Na actualidade é a vogal dos Países Cataláns da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, da que tamén foi vicepresidenta.
Os seus poemas –que mereceron varios premios, entre outros o Francisco Añón, o Díaz Jácome, o Ánxel Casal ou o Minerva– foron publicados en revistas literarias como "Xistral", "Dorna" e "Revista das Letras", e nalgúns libros colectivos como Letras Novas (AELG, 2007), No seu despregar (Apiario, 2016) ou 13. Antoloxía da poesía galega próxima (Chan da Pólvora e papeles mínimos, 2017). Mamá pelicano é o seu segundo libro, quince anos despois de Botar o mar polos ollos, que publicou Edições Tema de Lisboa no ano 2005.

Publicacións nas que participou Alicia Fernández

Portada de O equilibrio dos extremos
LIBRO

O equilibrio dos extremos

: Xela Arias en 12 voces

s/t

Parín sen dor