Olga López

----

Olga López


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Olga López


Asesora da SXPL dependente da Consellería de Educación, Cultura e
Universidade (dende setembro de 2017). Anteriormente profesora de Lingua galega de Secundaria, con destino definitivo no IES de Valga. Licenciada en Filoloxía Románica( francés) e en Hispánicas (Galego-portugués).
Estudou tres cursos na Université de Haute Bretagne Rennes II. Foi a primeira xeración de estudantes Erasmus en Galicia.
Foi profesora asociada T3,P6 na Facultade de Tradución e Interpretación  na especialidade francés-galego durante dous cursos académicos.
Apaixonada polas linguas: con titulación de EOI de francés, portugués e  italiano e inglés (niveis B2 e C1) e C2 de portugués do Instituto Camões.
Con vocación de docente: Participou en numerosos intercambios escolares con Eslovenia, Paris, Nantes, Braga... impulsou a aprendizaxe de portugués como segunda lingua no IES de Valga chegando a ter unha matrícula de máis de 120 alumnos/as. Participou en programas Etwining, Erasmus + e sempre apoiou actividades e programas interdisciplinares formando parte de numerosos grupos de traballo nos diferentes centros nos que estivo traballando en Galicia.
Participou no grupo de traballo para a elaboración do currículo da materia de libre configuración autonómica “Lingua Galega e Literatura”, regulada no Decreto 85/2015, do 25 de xuño (DOG 29 de xuño), polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade autónoma de Galicia.
É a encargada da supervisión académica dos lectorados de lingua , literatura e cultura galega espallados por 33 universidades do mundo.
Con respecto ás de certificación en lingua galega (CELGA), encárgase de asistir a formación sobre temas de avaliación en Europa como a
proporcionada por ALTE (Association of Tester of Language in Europe) para que se cumpran os estándares do MERCLE.
Forma parte do grupo de preparación de materiais en lingua galega para os cursos en liña de Celga, así como de elaboración de probas Celga.
É impulsora da adaptación das probas Celga a lectura fácil  para persoas con discapacidade intelectual desde o ano 2017.  Tamén se encarga de elaborar pautas de dislexia, TDAH... da SXPL.
É membro do comité organizador de GIELE (Grupo de Interese de Avaliación en España) cuxo cometido é organizar encontros anuais para que profesionais  da avaliación en España compartan experiencias e divulguen o seu traballo.