Vicent Climent-Ferrando

----

Vicent Climent-Ferrando


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Vicent Climent-Ferrando


É o responsable de coordinación académica da Cátedra UNESCO de Políticas Lingüísticas para o Multilingüismo na Universitat Pompeu Fabra. Traballa, ademais, para a Dirección Xeral de Política Lingüística da Generalitat de Catalunya. Anteriormente traballou na Rede Europea de Políticas Lingüísticas (NPLD) en Bruxelas.
É doutor pola Universidade Pompeu Fabra e a Universidade de Sciences- Po París cunha tese sobre a integración lingüística dos inmigrantes en territorios bilingües. Realizou a súa investigación de postdoutorado no Consorcio Europeo de Investigación MIME (Mobilidade e Inmigración nunha Europa Multilingüe), no que analizou as novos paradigmas sobre política lingüística ante os fluxos migratorios actuais en Europa.
Posúe un máster en Estudos Europeos e Internacionais no Colexio de Europa, Bruxas. Máster en Ciencias Políticas ( UPF) e Máster en Tradución Xurídica (UAB). Completou a súa educación universitaria na Universidade de Anglia Ruskin University de Cambridge, Universidade de Ottawa e Universidade Pompeu Fabra.