Miquel Termens Graells

----

Miquel Termens Graells


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Miquel Termens Graells


Doutor en Documentación, licenciado en Historia e diplomado en Biblioteconomía e Documentación. Profesor titular do Departamento de Biblioteconomía, Documentación e Comunicación Audiovisual da Universitat de Barcelona.
Na actualidade é decano da Facultade de Información e Medios Audiovisuais da Universitat de Barcelona. Con anterioridade foi coordinador do Máster en Humanidades Dixitais da Universitat de Barcelona, coordinador do Máster de Xestión de Contidos Dixitais, organizado pola Universitat de Barcelona e a Universitat Pompeu Fabra, e xefe de estudos da licenciatura en Documentación da Universitat de Barcelona.
Está especializado en preservación dixital, en xestión de proxectos de dixitalización e en xestión técnica de bibliotecas dixitais. Tamén colabora con empresas e outras institucións como consultor nestes ámbitos.

Miquel Termens Graells nas actividades do CCG