Chis Oliveira

----

Chis Oliveira


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Chis Oliveira


Chis Oliveira é catedrática de Filosofía. Doutórase coa tese A educación afectivo sexual na adolescencia. Leva trinta anos traballando nestes temas con adolescentes e na formación do profesorado. Foi presidenta da ONG de dereitos sexuais FPFE. É autora de La educación sentimental, Eros: materiais para pensar o amor? e O corpo como campo de batalla. Actualmente coordina o Comando Igualdade.


Chis Oliveira colabora con Amada Traba desde o 2002 para a realización do II Plan de Igualdade do Concello de Vigo, e a partir de aí comeza unha amizade e un traballo de colaboración en diferentes mestrados e na elaboración dos libros: Estás por la solución? Proposta de recursos para a abordaxe da violencia de xénero no ámbito sanitario e Feminismo e sociedade laica. Recentemente publicaron Ám@me. Pensar o amor no século XXI (Galaxia) e Amarte (Libros de la Catarata).

Chis Oliveira nas actividades do CCG