Biografía de María López Sández
Licenciada en Filoloxía Hispánica, Inglesa e Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela. Premio Fin de Carreira da Comunidade Autónoma de Galicia e II Premio Nacional de Terminación de Estudos Universitarios de Filoloxía. Doutora en Teoría da Literatura e Literatura Comparada pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese A descrición topográfica, o seu papel na construción dun imaxinario cultural no discurso literario galego (Cantares gallegos, Arredor de si e o ciclo textual de Tagen Ata).
Recibiu o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio en 2007 pola obra Paisaxe e nación: a creación discursiva do territorio, publicada en 2008 pola editorial Galaxia e colaborou en diversos proxectos de investigación sobre a obra de Rosalía de Castro e as Humanidades Dixitais.
É profesora de Ensino Secundario desde 1997 e desde 2010 profesora
asociada da Área de Didáctica da Lingua e a Literatura na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, na que imparte docencia de Didáctica da Lingua e a Literatura para a Educación Secundaria no Máster de Profesorado.
Irrompeu na narrativa con A forma das nubes, Premio Repsol de Narrativa Breve no ano 2012 e publicou posteriormente O faro escuro, finalista do Premio de Novela por entregas de La Voz 2014 e A noite da Deusa, finalista do premio Raíña Lupa 2019. Recentemente vén de publicar Illados. Diario da pandemia, en colaboración co fotoxornalista Miguel Muñiz.
Publicacións nas que participou María López Sández
LIBRO. ACTAS