Gareth Williams

----

Gareth Williams


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Gareth Williams


Gareth Williams é catedrático na Facultade de Linguas e Literaturas Románicas, Universidade de Michigan, EE.UU.


Autor dos libros El otro lado de lo popular: Neoliberalismo y subalternidad en América Latina (Duke University Press, 2002) e La excepción mexicana: soberanía, policía y democracia (Editorial Palgrave MacMillan, 2011). E cotradutor ao inglés de: Roberto Esposito, El origen de la política: ¿Hannah Arendt o Simone Weil? (Fordham University Press, 2017). Ten en proceso o libro Pasajes infrapolíticos: descontención, narco-acumulación, ansiedad epocal.


En relación ao seu traballo editorial, desde 2013 é cofundador e coeditor de Hispanismos fronterizos, unha serie de publicacións auspiciada pola editorial da Universidade de Texas, EE.UU., e desde 2012 é editor xeral da revista en liña Política Común (https://quod.lib.umich.edu/p/pc). Estes dous proxectos demostran a proxección dos estudos hispánicos dentro do actual campo académico global, con particular interese en fomentar unha reflexión de índole comparativa cunha base esencial na teoría política e cultural.


Entre as súas publicacións recentes sobresaen: “¿Qué es el populismo? Nosotros, ¿verdad?”, en ¿El populismo por venir? (Eds. Ángel Loureiro e Rachel Price, Madrid, Escolar y Mayo, 2018: 169-185), e “Deconstrucción, post-hegemonía e infrapolítica: Entrevista con Gareth Williams”, Cuadernos de Teoría Social (Universidade Diego Portales, Santiago de Chile, 2017).