María Rosa Lojo

----

María Rosa Lojo


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de María Rosa Lojo


Naceu en Bos Aires e é filla dun exiliado republicano. A súa voz literaria é unha das máis notábeis no ámbito hispanoamericano, sen deixar de participar na escrita en galego, lingua na que ten varias obras publicadas. A súa obra abrangue distintos xéneros: artigos, poesía, ensaio, conto e novela. En Galaxia ten publicada a novela A fin da terra e o fermoso álbum O libro das Seniguais e do único Senigual, e tanto Galicia como a cuestión migratoria forman parte das súas inquietudes literarias. María Rosa Lojo é tamén docente e investigadora do CONICET (Consello Nacional de Investigacións Científicas e Técnicas), con sede na Universidade de Bos Aires. Dirixe dous proxectos de investigación na Universidade do Salvador onde dita, ademais, un Seminario-Taller de Doutoramento. Ten ao seu cargo a coordinación do equipo internacional de investigadores que realiza a edición crítica de Sobre héroes y tumbas para a Colección Arquivos da UNESCO.

María Rosa Lojo nas actividades do CCG