Mirta Yáñez

----

Mirta Yáñez


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Mirta Yáñez


Naceu na provincia da Habana, en Cojímar. É unha escritora cubana de amplo recoñecemento en toda América Latina, precisamente o ámbito ao que ten dedicado unha parte moi notable das súas investigacións. Filóloga de formación, ás súas actividades hai que engadir o xornalismo, a crítica literaria, a docencia, a investigación e mesmo ter en conta a súa traxectoria como guionista para cine e televisión. Con preto de corenta libros publicados, na súa escrita atópanse case todos os xéneros literarios. Destaca como narradora, poeta, articulista e tamén como ensaísta, desde onde investigou a fondo todo o que ten que ver con literatura feita por mulleres. Académica da lingua, cunha extensa nómina de premios e recoñecementos ao seu talento e ao seu intenso traballo, participa xenerosamente en múltiples foros internacionais. A emigración é fonte de inspiración para ela nalgunha das súas obras. Tivo tres avós galegos e unha avoa asturiana, e do seu vínculo con Lugo, unha das súas terras de referencia, débese que fose promotora da creación da Asociación de Fillos de Baleira en Cuba.

Mirta Yáñez nas actividades do CCG