José Manuel López Andión

----

José Manuel López Andión


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de José Manuel López Andión



 


Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (1976) e doutor en Xeografía e Historia (sección de Xeografía) pola mesma universidade (1992). É autor dos libros Estructura y morfología agraria en la Terra Chá (Santiago, 1979) e Estructura agraria y economía rural en la Galicia interior: la Terra Chá y el centro de la meseta lucense (Santiago, 1992). Colaborou en obras colectivas de xeografía de Galicia, como a Geografía de Galicia, dirixida por Mª P. de Torres Luna (3 vols., A Coruña, 1986) ou Galicia. Xeografía, dirixida por F. X. Río Barja (5 vols., A Coruña, 1996). É autor de capítulos de libros, artigos e comunicacións en congresos sobre temas da súa especialidade (xeografía agraria e rural de Galicia), entre eles: "La política de repoblación forestal y su papel en la crisis de la utilización tradicional del monte en Galicia: el ejemplo lucense” (1986), "FEIRACO, a especialización leiteira e a modernización das explotacións agrarias no suroeste coruñés" (1995), “Producción y comercialización de leche en Galicia: evolución y tendencias recientes” (1996) e "La ganadería bovina gallega a finales del siglo XX: distribución espacial y condicionantes geográficos” (2002) (os dous últimos en colaboración con Mª L. Pérez Iglesias). Desde xullo de 1994 é profesor titular de Análise Xeográfica Rexional no Departamento de Xeografía, Facultade de Xeografía e Historia da USC.