Carlos Lefler

----

Carlos Lefler


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Carlos Lefler


Xefe de Servizo de Planificación e Programación da Axencia Galega de Infraestruturas da Xunta de Galicia


Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos pola Universidade Politécnica de Madrid (1989) na especialidade de hidráulica e enerxética. Doutor pola Universidade da Coruña (2017) cun traballo de investigación sobre a eficacia e a eficiencia do proceso de implantación de infraestruturas de transporte en Galicia.


Desde outubro de 1989 ocupa o posto de xefe de obra nunha empresa construtora. En novembro de 1992 incorporouse como interino no Servizo Provincial de Estradas de Zamora da Xunta de Castela e León e, en setembro de 1994, como funcionario de carreira na Xunta de Galicia, na que xestionou a construción de edificios educativos como xefe de servizo na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.


Desde 1997 a súa actividade profesional céntrase na planificación e deseño de proxectos de infraestruturas viarias, asume a dirección técnica de gran parte dos proxectos de implantación de novas estradas autonómicas, dos plans sectoriais da rede viaria das áreas metropolitanas da Coruña, Santiago e Ferrol, do plan director de infraestruturas de Galicia, do plan de estradas de Galicia e do plan Move, entre outros.


Así mesmo, participa na definición dos criterios técnicos, na planificación urbanística a través do informe sectorial que valora a afección á rede de estradas autonómicas e na xestión e expropiación de terreos.


Por último, xestiona a gran maioría dos procesos necesarios para a implantación de infraestruturas.


Desde o curso académico 2005-2006 imparte clases como profesor asociado, dependendo do Departamento de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo, na Escola de Enxeñeiros de Camiños da Universidade da Coruña; tamén participa como relator en diversos cursos.

Carlos Lefler nas actividades do CCG