Ana Goy

----

Ana Goy


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Publicacións nas que participou Ana Goy

Materiais de Ana Goy

PUBLICACIóN

A actividade artística en Santiago 1600-1648: documentos para a historia da arte de Galicia

Recompilación sistemática de documentación elaborada a partir da consulta dos fondos dos arquivos públicos da cidade de Santiago, nun marco cronolóxico que comprende aproximadamente a primeira metade do século XVII, desde o comezo da centuria até o 1648, ano en que chega a Compostela o cóengo D. José de Vega y Verdugo, considerado o introdutor do Barroco, xa que con el remata a última xeración de artistas clasicistas e póñense os alicerces dunha nova orde. O obxectivo que nos propuxemos foi o de recuperar toda aquela documentación que dun modo directo ou indirecto nos permita aproximar ó mundo do artista, do cliente, do taller e da obra na cidade de Santiago no paso do Renacemento ó Barroco.