Xosé Filgueira Valverde

----

Xosé Filgueira Valverde

1906 Pontevedra | 1996 Pontevedra
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Xosé Filgueira Valverde

1906- Pontevedra | 1996 Pontevedra
Investigador e escritor, colaborador de Nós, é considerado o último polígrafo das letras galegasNaceu en Pontevedra o 28 de outubro de 1906. No instituto da súa vila natal foi alumno de Losada Diéguez, Castelao e Sobrino Buhigas. Co primeiro comeza a asistir a faladoiros, e en 1923 xunto con outros alumnos da Universidade de Santiago de Compostela funda o Seminario de Estudos Galegos. Licenciouse en Dereito en 1927 e en 1928 comezou a traballar como profesor no Instituto de Pontevedra. Deu clase en Lugo entre 1935 e 1940, cando regresou á súa vila natal, e dirixiu o instituto desde 1946 até a súa xubilación en 1976. Dirixiu tamén, desde 1942, o Museo de Pontevedra, do cal participara na súa creación xa en 1927.

No SEG dirixiu a sección de Historia da Literatura, até o desmantelamento da mesma en 1936. En 1935 comezou a preparar unha escolma da poesía galega, co propósito de que estivese feita para 1937, centenario do nacemento de Rosalía. A escolma, acompañada dunha enquisa para múltiples autores, foi editada en 2008 co título Os poetas galegos (1936). Antoloxía consultada. En 1925 foi elixido membro correspondente da Real Academia Galega na que ingresa como académico de número en 1941, ocupando a cadeira de Casto Sampedro.

Foi membro do Partido Galeguista, organización que deixou en 1934 xunto con outros militantes de Pontevedra, para ao ano seguinte formar Dereita Galeguista, partido que apoiou o Estatuto de Autonomía de 1936. Logo da guerra civil formou parte de comisións de depuración do profesorado, e animou a Otero Pedrayo para que solicitase a reposición da súa cátedra, da que fora deposto. En 1959 Filgueira Valverde foi nomeado alcalde de Pontevedra, cargo que ocupou durante nove anos. Durante a súa etapa na alcaldía procurou a conservación da zona vella da vila.

Dirixiu o Instituto Padre Sarimiento entre 1971 e 1981, formou parte do primeiro padroado do Instituto da Lingua Galega e presidiu a Casa Museo de Rosalía de Castro. Foi o primeiro Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, no primeiro goberno de Xerardo Fernández Albor. Presidiu o Consello da Cultura Galega entre 1991 e 1996, substituíndo no cargo a Ramón Piñeiro.
Recibiu numerosos recoñecementos, como a Medalla Castelao, o Premio Trasalba ou o doutoramento honoris causa polas Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo.

O seu primeiro artigo na revista Nós apareceu no número 21, do 15 de setembro de 1925, con continuación no número seguinte. O texto fala de Ero de Armenteira, o fundador do mosteiro de Santa María, e vén sendo un extracto do traballo lido por Filgueira Valverde no Seminario de Estudos Galegos o 24 de novembro do ano anterior: a cantiga CIII das Cantigas de Santa María, tema sobre o cal faría tamén a súa tese de doutoramento, dirixida por Armando Cotarelo Valledor e defendida en 1935. Sobre a lenda de Armenteira escribiu outro artigo, aparecido nos números 25 e 26 da revista.

Xa no número 37, de xaneiro de 1927, incluíuse o artigo «A paisaxe no Cancioneiro da Vaticana», de novo un extracto do traballo presentado no Seminario de Estudos Galegos. No número 92 (agosto de 1931) publica «Sobre as cantigas de Martín Codax», falando dun estudo do profesor José Joaquim Nunes.

No número 31, de xullo de 1926, aparece o relato «O paspallás», que aparecería publicado en 1971 no volume Quintana viva. Nos números 44 (agosto 1927), 54 (xuño de 1928) e 82 (outubro de 1930) publica varios contos baixo o título «Artistas aldeáns», recuperados tamén en Quintana viva. No número 48 (decembro de 1927), na sección «Os homes, os feitos, as verbas», escribiu o breve texto «Encol dos primeiros moimentos galego-portugueses».

No número 62 (febreiro de 1929) aparece «A eirexa pre-románica de Francelos», onde narra a visita feita o 12 de agosto de 1927 ao templo situado no concello de Ribadavia, xunto a Manuel Gómez Moreno e Florentino López Cuevillas, ao abeiro da Junta de Ampliación de Estudos. O número 71 da revista Nós foi unha homenaxe a Losada Diéguez, falecido en 1929, e Filgueira Valverde, que fora alumno del no Instituto de Pontevedra, colaborou co texto «Unha lección de Lousada Diéguez».

No número 75 da revista publica «Dúas notas». Dunha banda, un texto sobre a biblioteca do bispo tudense Manuel Lago González (1865-1925), a quen en 1973 lle habían adicar o Día das Letras Galegas, e doutra, escribe sobre o arqueólogo estadounidense Arthur Kingsley Porter (1883-1933).

No número 79, baixo o epígrafe «Estampas composteláns», escribe o artigo «A duquesa de Chevreuse en Santiago», falando do paso de Marie de Rohan pola vila en 1638.

A última colaboración de Filgueira Valverde en Nós é o artigo «Cancioneiriño de Compostela», unha escolma de cantigas e poemas onde se fala da cidade do apóstolo, desde a lírica medieval até a actualidade. Apareceu como separata exenta no nº 103 de Nós, en xullo de 1932, con continuación no número seguinte, e recuperou o tema co libro Cancioneiriño novo de Compostela (1969).

Obra
A obra de Filgueira Valverde é moi extensa, especialmente a nivel científico e divulgativo. Abrangue campos diversos como a biografía, a historia da arte, a arquivística, bibliografía, a edición ou a etnografía, ademais de varias obras sobre a súa cidade natal. Entre 1979 e 1996 publicou a serie Adral, nove volumes que inclúen 616 artigos de temática relacionada con Galicia escritos para a prensa. Se ben a obra de Filgueira Valverde se centrou na investigación, sendo novo cultivou tamén a creación literaria:
Os nenos (narrativa, 1925. Edicións Lar)
O vigairo (narrativa, 1927. Lar)
Quintana viva (narrativa, 1971. Galaxia)
Agromar (teatro, 1936)
6 canciones de mar “in modo antico” (poesía, 1941)

Bibliografía


Alonso Montero, Xesús (2015): Xosé Filgueira Valverde. Biografía intelectual. Vigo: Xerais.
Real Academia Galega (2015): Boletín da Real Academia Galega. Número 376.
Valle Pérez, Carlos (ed.) (2007): Xosé Filgueira Valverde. 1906-1996. Un século de Galicia. Museo de Pontevedra.

Publicacións nas que participou Xosé Filgueira Valverde

Portada de O Padre Sarmiento e o seu tempo
LIBRO. ACTAS

O Padre Sarmiento e o seu tempo

Actas do Congreso Internacional do Tricentenario de Fr. Martín Sarmiento (1695-1995)
Portada de  Acto literario-musical Os seis poemas galegos de Federico García Lorca
LIBRO-AUDIO

Acto literario-musical Os seis poemas galegos de Federico García Lorca

Mestre: Isidro B. Maiztegui Pereiro. Soprano: Marta de Castro
Portada de  Tecnoloxía tradicional
LIBRO. ACTAS

Tecnoloxía tradicional

Dimensión patrimonial. Valoración antropolóxica
Portada de  Charamuscas, 1923
LIBRO. FACSíMILE

Charamuscas, 1923

Unha revista galega na Guerra de África: estudios e transcrición
Portada de  Fr. Martín Sarmiento
LIBRO

Fr. Martín Sarmiento

Epistolario
Portada de  Romarías e peregrinacións
LIBRO. ACTAS

Romarías e peregrinacións

Simposio de Antropoloxía, Santiago de Compostela, outubro de 1993
Portada de  Tempos que hai neste tempo
LIBRO. CATáLOGO

Tempos que hai neste tempo

[Exposición]
Portada de  Actas do simposio de antropoloxía: in memoriam Fermín Bouza Brey
LIBRO. ACTAS

Actas do simposio de antropoloxía: in memoriam Fermín Bouza Brey

Santiago de Compostela, 10, 11 e 12 de setembro de 1992
Portada de  Sobre a arte galega
LIBRO

Sobre a arte galega

Homenaxe do Consello da Cultura Galega
Portada de  Lindeiros da Galeguidade II
LIBRO. ACTAS

Lindeiros da Galeguidade II

: Actas do Simposio de Antropoloxía
Portada de  Pr´o catálogo da léngoa galega
LIBRO

Pr´o catálogo da léngoa galega

Homenaxe ó 70 aniversario do Seminario de Estudos Galegos
Portada de  Autopoética, 1935
LIBRO. FACSíMILE

Autopoética, 1935

Bouza Brey
Portada de O arquivo do Museo de Pontevedra
LIBRO

O arquivo do Museo de Pontevedra

E unha guía sucinta
Portada de  Autopoética e poesías 1935
LIBRO. FACSíMILE

Autopoética e poesías 1935

Autógrafos e inéditos de Álvaro Cunqueiro
Portada de  Identidade e territorio: centenario de Otero Pedrayo
LIBRO. ACTAS

Identidade e territorio: centenario de Otero Pedrayo

Actas Simposio Internacional de Antropoloxía (Santiago de Compostela, 10-11-12 de novembro de 1988)

Materiais de Xosé Filgueira Valverde

Texto. Presentación

Xosé Filgueira Valverde

Unha ampla mostra sonora da erudición do intelectual pontevedrés.
Documento. Artigo

Estudo sobre a obra narrativa de Filgueira Valverde

Acuña, Ana: «Cidades literarias (e polixenealóxicas» na narrativa de Xosé Filgueira Valverde», Boletín da Real Academia Galega, n.º 376 (2015), p. 45-58
Documento. Artigo

A semana cultural de Porto, celebrada en abril de 1935, contou cunha ampla representación de membros do Seminario de Estudos Galegos

«Seminario de Estudos Galegos: La semana cultural de Oporto», El pueblo gallego: rotativo de la mañana, 3441 (17 de abril de 1935), 9.
Documento. Artigo

Entrega final do «Cancioneiriño de Compostela»

«Cancioneiriño de Compostela», Nós: boletín mensual da cultura galega, n.º 104 (15 de agosto de 1932), p. 151-155
Documento. Artigo

Separata da revista Nós que recolle o «Cancioneiriño de Compostela»

«Cancioneiriño de Compostela», Nós: boletín mensual da cultura galega, n.º 103 (25 de xullo de 1932), p. 135-137
Documento. Artigo

Artigo sobre a visita da duquesa de Marie de Rohan a Santiago

«Estampas composteláns: a duquesa de Chevreuse en Santiago», Nós: boletín mensual da cultura galega, n.º 79 (25 de xullo de 1930), p. 135-137
Documento. Artigo

Filgueira Valverde escribe en Nós sobre a biblioteca do arcebispo Lago e mais sobre Kingsley Porter

«Dúas notas: a biblioteca Lago; Kingsley Porter», Nós: boletín mensual da cultura galega, n.º 75 (15 de marzo de 1930), p. 64-65
Documento. Artigo

Artigo de Filgueira Valverde escribe en lembranza do seu mestre Antón Losada Diéguez

«Unha lección de Lousada Diéguez», Nós: boletín mensual da cultura galega, n.º 71 (15 de novembro de 1929), p. 204-205
Documento. Artigo

Artigos de Filgueira Valverde sobre os cancioneiros e as cantigas publicados en Nós

«A paisaxe no Cancioneiro da Vaticana», Nós>/cite>, n.º 37 (15 xaneiro 1927), p. 4-8; «Sobre as cantigas de Martín Códax)»,Nós>/cite>, n.º 92 (15 agosto 1931), p. 134-135
Documento. Artigo

Artigo de Filgueira sobre a filóloga Margot Sponer

Filgueira Valverde, Xosé: «Vieiro XXV: O galego fóra de Galicia», El pueblo gallego, 348 (22 de outubro de 1926), p. 1
Documento. Relato

Relatos literarios de Filgueira Valverde na revista Nós publicados entre 1926 e 1930

«O paspallás», Nós, n.º 31 (25 xullo 1926), p. 11; «Artistas aldeáns», Nós, n.º 44 (15 agosto 1927), p. 11-12; «Artistas aldeáns», Nós, n.º 54 (15 xuño 1928), p. 102-103; «Artistas aldeáns: Parábola de catro mestres canteiros», Nós, n.º 82 (15 outubro 1930), p. 200-203
Documento. Artigo

A primeira recepción xeral do SEG, para homenaxear á romanista Carolina Michaëlis de Vasconcellos, recollida por El compostelano. 15 de marzo de 1926

«Primera reunión general del Seminario de Estudos Galegos: Recepción de los poetas Cabanillas, Noriega, Abente y Taibo», El compostelano: diario independiente, 1795 (25 de marzo de 1926), 1.
Documento. Artigo

A lenda de santo Ero de Armenteira publicada en cinco entregas na revista Nós por Filgueira Valverde

«Cantigas d’El-Rey Sabio localizadas en Galicia: San Ero de Armenteira», Nós, n.º 21 (15 setembro 1925), p. 4-5; «San Ero d’Armenteira: (proseguimento)», < cite>Nós, n.º 22 (15 outubro 1925), p. 2-3; «A lenda d’Armenteira: (notas de folk-lore)», Nós, n.º 25 (15 xaneiro 1926), p. 10-12; «A lenda d’Armenteira: (proseguimento)», Nós, n.º 26 (15 febreiro 1926), p. 9-11; «A lenda d’Armenteira: (proseguimento)», Nós, n.º 26 (15 febreiro 1926), p. 9-11
Documento. Artigo

Biobibliografía de Sánchez Cantón na Gran Enciclopedia Galega

Filgeira Valverde, Xosé: «Sánchez Cantón, Francisco Javier». En Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. Lugo: El Progreso, 2003; 40, 5-7.

Carta de Ánxel Casal a Filgueira. 1924

Carta de Castelao a Filgueira Valverde. 1925

Carta de Vilar Ponte a Filgueira. 1930

Acibecharía compostelá

Valentín Lamas Carvajal e Rosalía de Castro

Sobre a escrita de Ramón Otero Pedrayo [01 de 02]

Sobre a escrita de Ramón Otero Pedrayo [02 de 02]

A Lei do Consello da Cultura Galega

A fantasía lírica de Álvaro Cunqueiro

Rosalía de Castro e a música

O Seminario de Estudos Galegos e Fermín Bouza Brey

Xan da Coba, inventor do trampitán

Os mestres de Filgueira Valverde

O Museo de Pontevedra

Homenaxe a Nós no seu 75 aniversario

Publicacións periódicas

Aviso Listado automático de documentación relacionada con nos fondos documentais en liña ofrecidos polo Consello da Cultura Galega.
Eco de Galicia (1917-1936) .
Revista ilustrada y de información de la colonia gallega en Cuba
A partir do n.º 23: Revista gráfica y de información de la colonia gallega en Cuba
A partir do n.º 111 (1920): Revista gráfica y de información regional
Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
Céltiga (1924-1932) .
Revista Gallega de arte, crítica, literatura y actualidades: Publicación quincenal editada por la "Editorial Céltiga"
Revista Gallega de arte, crítica, literatura y actualidades: Publicación quincenal editada por los talleres gráficos Virs
Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
Almanaque Gallego (1927-) .
de la Editorial Céltiga
Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
Orensano, El (1944-1945) .
Periódico galego
Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
Aturuxo (1953-1956) .
Portavoz de la Casa de Galicia de Las Palmas
Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
Ilustración Gallega (1954-) .
Revista de Galicia para España y América
Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
Libredón (1956-) .
Órgano oficial del Centro Gallego de Santander
Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
Alalá (1958-) .
Editada por la Casa de Galicia
Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
Centro Galego de Barcelona (1978-) .
Boletín interno da sociedade
Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
Galicia en Madrid (1982-) .
2ª Época:
Boletín interno de la sociedad: GRUGALMA
Revista de Letras y Artes Galaico-Hispánicas
Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
Galicia ó lonxe (1994-) .
Xuventude de Galicia: Centro Galego de Lisboa
Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;

Artigos

(5/1926) Os Nenos, por Xosé Filgueira Valverde. Céltiga. 1ª (33), 22.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela;
Mencións: Xosé Filgueira Valverde ;
(12/1930) Seminario de Estudios Gallegos. Junta extraordinaria. Galicia [Bs As 1930]. [1ª] (187), 2.
Ver noticia Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións: Joaquín Arias Sanjurjo ; Fermín Bouza Brey ; Salvador Cabeza de León ; Ricardo Carballo Calero ; Xesús Carro García ; Álvaro de las Casas ; Xosé Filgueira Valverde ; Antonio Fraguas ; Daría González García ; Luís Iglesias Iglesias ; Florentino López Cuevillas ; Ramón Martínez López ; Vicente Risco ; Ramón Otero Pedrayo ; Valentín Paz-Andrade ; Paulino Pedret Casado ; Castelao ; Luís Tobío Campos ; Alfonso Vázquez Martínez ;
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (4/1949) Arqueólogo e poeta. Galicia [Bs As 1930]. (1075), 5.
Mencións: Fermín Bouza Brey ; Salvador Cabeza de León ; Armando Cotarelo Valledor ; Xosé Filgueira Valverde ; Luís Iglesias Iglesias ; Ramón Martínez López ; Magariños Negreira ; José Pena ; Wenceslao Requejo Buet ; Francisco Romero Lema ; Lois Tobío Fernández ; Luciano Vidán Freiría ;
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (3/1951) Galicia cada treinta días (febrero). Ronsel. Galicia [Bs As 1926]. (455), 6, .
Mencións: Francisco Bellot ; Manuel Curros Enríquez ; Xosé Filgueira Valverde ; Vicente Risco ;
(1/1958) Balance cultural gallego de 1957. Voz de Breogán, La. 1ª (2), 6.
Ver noticia Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións: Camilo José Cela ; Xosé Filgueira Valverde ; Xosé Luís Franco Grande ; Aquilino Iglesia Alvariño ; Xosé Luís Méndez Ferrín ; Santiago Montero Díaz ; Ramón Otero Pedrayo ; Ramón Lorenzo Vázquez ;
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (4/1958) Noticiario Gallego. Galicia [Bs As 1926]. (500), 6 .
Mencións: Concha Castroviejo ; Manuel Curros Enríquez ; Xosé Filgueira Valverde ; Domingo García-Sabell ; Xosé Luís Méndez Ferrín ; Ramón Otero Pedrayo ; Sofía Casanova ; Daniel de la Sota ; Gonzalo Torrente Ballester ; Luís Pimentel ;
CARREIRA, X. (1/1977) Escolma Teima. Teima. (6), 33.
Ver bibliografía
Mencións: Ludwing van Beethoven ; Rosalía de Castro ; Celso Emilio Ferreiro ; Xosé Filgueira Valverde ; Salvador García-Bodaño ; Eduardo Moreiras ; Castelao ; Guillermo Rojo ; Avelino Díaz ; Xerardo Moscoso ; Johann Sebastian Bach ; Mark Twain ; Wilhelm Backhaus ;
(1/1977) Premios á clandestinidade. Teima. (7), 4.
Ver nota breve
Mencións: Xosé Filgueira Valverde ; Miguel Odriozola ;
FREIXANES, V. (3/1977) A crónica do poder : ¿Quén manda en Galicia?. Teima. (15), 10-14.
Ver reportaxe
Mencións: Feliciano Barrera ; Julio Fernández Argüelles ; Gonzalo Fernández de la Mora ; Xosé Filgueira Valverde ; Manuel Fraga ; Rafael J. Portanet Suárez ; Adolfo Suárez ; José Luís Meilán Gil ; Víctor Moro Rodríguez ; Luciano García Alén ; Pío Cabanillas Alonso ; Eulogio Gómez Franqueira ; Jose Castro Alvarez ; José María de Areilza ; Antonio, “Leri” Nieto Figueroa ; Pablo Padin ; Antonio Ramilo ; Joaquín García Picher ; Gervasio Martínez-Villaseñor García ; Rodolfo Martín Villa ; Ignacio García López ; Pedro Otero Rey ; Demetrio Salorio Suárez ; Carlos Arias Navarro ; Antonio Puig Gaite ; David Pérez Puga ; Joaquín Queizán Taboada ; Alberto Monreal Luque ; Víctor Bouzo ; José Luis Peláez Casalderrey ; Manuel Paz Sánchez ; Ramón Encinas Diéguez ; Pío Malvar ; Luis, "Licho" González Taboada ; Benito Hermida Cebreiro ; Manuel Crespo Alfaya ; José Nogueira Fernández ; José María Pernas Martínez ; Braulio Alfageme ; Jaime Hervada ;
(6/1977) Homenaxe a Castelao : Repatriación das cinzas, a suxerencia máis repetida. Teima. (25), 27.
Ver nota breve
Mencións: Xesús Alonso Montero ; Ramón Baltar ; Xosé Manuel Beiras ; Eduardo Blanco Amor ; Ricardo Carballo Calero ; Carlos Casares ; José María Castroviejo ; Camilo José Cela ; Manuel Chamoso Lamas ; Benedicto Conde González “Bene” ; Álvaro Cunqueiro ; Isaac Díaz Pardo ; Marino Dónega ; Gerardo Fernández Albor ; Manuel María ; Celso Emilio Ferreiro ; Xosé Filgueira Valverde ; Ánxel Fole ; Antonio Fraguas ; Salvador García-Bodaño ; Domingo García-Sabell ; Álvaro Gil Varela ; Manuel Iglesias Corral ; Margarita Ledo ; Siro López ; Xosé Luís Méndez Ferrín ; Xosé Neira Vilas ; Uxío Novoneyra ; Laxeiro ; Reimundo Patiño ; Valentín Paz-Andrade ; Xosé Pereira ; Ramón Piñeiro ; María Xosé Queizán ; Castelao ; Luís Seoane ; Agustín Sixto Seco ; Luís Soto Fernández ; Gonzalo Torrente Ballester ; Ramón de Valenzuela ; Benito Varela Jácome ; Joaquina Rodríguez Castelao ; Santiago Álvarez ; Camilo Gonsar ; Xaquín Marín ; Miro Casabella ; O Xestal ; Fernando Martínez Randulfe ; Sebastián Risco ; Bibiano Morón ; Carlos Otero Díaz ; Francisco Pillado ; Francisco Rodríguez ; Alfonso Álvarez Gándara ; Xesús Vega Buxán ; Ramón López Suevos ; Xaime Illa Couto ; Ramón Valcarce ; Elena Gago ; Xosé Muñiz ; Manuel Otero ; Benito Álvarez ; Ramón Viéitez ; Juan José Molina ; Antonio Quesada ; Domingo Fernández del Riego ; Agostinho da Silva ; Manuel Beiró-Buxán ; Ricardo Torres París ;
(6/1977) Homenaxe a Castelao : Nomes destacados prá comisión organizadora. Teima. (26), 39.
Ver nota breve
Mencións: Xesús Alonso Montero ; Ramón Baltar ; Xosé Manuel Beiras ; Eduardo Blanco Amor ; Ricardo Carballo Calero ; Carlos Casares ; José María Castroviejo ; Camilo José Cela ; Manuel Chamoso Lamas ; Benedicto Conde González “Bene” ; Álvaro Cunqueiro ; Isaac Díaz Pardo ; Marino Dónega ; Gerardo Fernández Albor ; Francisco Fernández del Riego ; Manuel María ; Celso Emilio Ferreiro ; Xosé Filgueira Valverde ; Ánxel Fole ; Antonio Fraguas ; Salvador García-Bodaño ; Domingo García-Sabell ; Manuel Iglesias Corral ; Margarita Ledo ; Siro López ; Xosé Luís Méndez Ferrín ; Xosé Neira Vilas ; Uxío Novoneyra ; Laxeiro ; Reimundo Patiño ; Valentín Paz-Andrade ; Manuel Peña Rey ; Ramón Piñeiro ; María Xosé Queizán ; Castelao ; Luís Seoane ; Agustín Sixto Seco ; Gonzalo Torrente Ballester ; Ramón de Valenzuela ; Benito Varela Jácome ; Joaquina Rodríguez Castelao ; Santiago Álvarez ; Baldomero Cores Trasmonte ; Camilo Gonsar ; Xaquín Marín ; Rafael Bárez Vázquez ; Pedro Arias ; Valentín Arias ; Miro Casabella ; O Xestal ; Ramón López-Suevos ; Fernando Martínez Randulfe ; Sebastián Risco ; Bibiano Morón ; Carlos Otero Díaz ; Francisco Pillado ; Xaime Quesada ; Francisco Rodríguez ; Carmen Santos Castroviejo ; Alfonso Álvarez Gándara ; Xesús Vega Buxán ; Xaime Illa Couto ; Ramón Valcarce ; Elena Gago ; Antonio Quesada ; Domingo Fernández del Riego ; Agostinho da Silva ; Manuel Beiró-Buxán ; Ricardo Torres París ; Luis Soto ; Álvaro Xil ;
(6/1977) Homenaxe a Castelao : Nomes prá comisión. Teima. (27), 25.
Ver nota breve
Mencións: Xesús Alonso Montero ; Xosé María Álvarez Blázquez ; Ramón Baltar ; Xosé Manuel Beiras ; Eduardo Blanco Amor ; Ricardo Carballo Calero ; Carlos Casares ; José María Castroviejo ; Camilo José Cela ; Manuel Chamoso Lamas ; Benedicto Conde González “Bene” ; Xavier Costa Clavell ; Álvaro Cunqueiro ; Isaac Díaz Pardo ; Marino Dónega ; Gerardo Fernández Albor ; Francisco Fernández del Riego ; Manuel María ; Celso Emilio Ferreiro ; Xosé Filgueira Valverde ; Ánxel Fole ; Antonio Fraguas ; Salvador García-Bodaño ; Domingo García-Sabell ; Manuel Iglesias Corral ; Margarita Ledo ; Siro López ; Xosé Luís Méndez Ferrín ; Xosé Neira Vilas ; Uxío Novoneyra ; Laxeiro ; Reimundo Patiño ; Valentín Paz-Andrade ; Manuel Peña Rey ; Ramón Piñeiro ; María Xosé Queizán ; Castelao ; Luís Seoane ; Agustín Sixto Seco ; Gonzalo Torrente Ballester ; Ramón de Valenzuela ; Benito Varela Jácome ; Joaquina Rodríguez Castelao ; Santiago Álvarez ; Baldomero Cores Trasmonte ; Camilo Gonsar ; Xaquín Marín ; Rafael Bárez Vázquez ; Pedro Arias ; Valentín Arias ; Miro Casabella ; O Xestal ; Ramón López-Suevos ; Fernando Martínez Randulfe ; Sebastián Risco ; Bibiano Morón ; Carlos Otero Díaz ; Francisco Pillado ; Xaime Quesada ; Francisco Rodríguez ; Carmen Santos Castroviejo ; Alfonso Álvarez Gándara ; Xerardo Moscoso ; Xesús Vega Buxán ; Xaime Illa Couto ; Ramón Valcarce ; Elena Gago ; Antonio Quesada ; Domingo Fernández del Riego ; Agostinho da Silva ; Manuel Beiró-Buxán ; Ricardo Torres París ; Luis Soto ; Álvaro Xil ;
(6/1977) Homenaxe a Castelao : Nomes prá comisión. Teima. (28), 27.
Ver nota breve
Mencións: Xesús Alonso Montero ; Xosé Manuel Beiras ; Eduardo Blanco Amor ; Ricardo Carballo Calero ; Carlos Casares ; José María Castroviejo ; Camilo José Cela ; Álvaro Cunqueiro ; Isaac Díaz Pardo ; Manuel María ; Celso Emilio Ferreiro ; Xosé Filgueira Valverde ; Salvador García-Bodaño ; Domingo García-Sabell ; Margarita Ledo ; Siro López ; Xosé Luís Méndez Ferrín ; Xosé Neira Vilas ; Uxío Novoneyra ; Laxeiro ; Valentín Paz-Andrade ; Manuel Peña Rey ; Ramón Piñeiro ; María Xosé Queizán ; Castelao ; Luís Seoane ; Agustín Sixto Seco ; Ramón de Valenzuela ; Carlos Velo ; Elvira Souto ; Joaquina Rodríguez Castelao ; Santiago Álvarez ; Baldomero Cores Trasmonte ; José Martinho Montero Santalha ; Antón Tovar ; Xaquín Marín ; Pedro Arias ; Ramón López-Suevos ; Sebastián Risco ; Bibiano Morón ; Carlos Otero Díaz ; Francisco Pillado ; Arturo Reguera Lopez ; Francisco Rodríguez ; Jose Vilas Nogueira ; Carmen Santos Castroviejo ; Alfonso Álvarez Gándara ; Xesús Vega Buxán ; Xaime Illa Couto ; Ramón Valcarce ; Elena Gago ; Antonio Quesada ; Ricardo Torres París ; Luis Soto ; Álvaro Xil ; Jesús Docampo Mosquera ; Inmaculada Tesouro ;
MAGARIñOS, A. (6/1977) Comunicación : "Heraldo de Galicia" e as eleccións republicanas. Teima. (29), 32.
Ver artigo
Mencións: Xerardo Álvarez Gallego ; Manuel Banet Fontenla ; Alexandre Bóveda ; Xosé Filgueira Valverde ; Adolf Hitler ; Ramón Martínez López ; Vicente Risco ; Ramón Otero Pedrayo ; Valentín Paz-Andrade ; Castelao ; Ramón Suárez Picallo ; Joaquín Calvo Sotelo ; Isidoro Guede ; Xosé Sesto López ; José García Vidal ; José Lino Sánchez ; Darío Caramés Ruza ; José Martínez Tiscar ; José Fernández Borrajo ; José Goyanes Sotelo ; José Antonio Varela Garza ; Xosé Lois Parente del Riego ; Ángel Martínez Doval ; José Perille Garra ; Pedro Basanta del Río Rojo ;
NAVAZA, X. (7/1977) Álvaro Cunqueiro : As puñeteras manías do noso país. Teima. (30), 24-26.
Ver entrevista
Mencións: Fermín Bouza Brey ; Álvaro Cunqueiro ; Xosé Filgueira Valverde ; Carles Riba ; Pompeu Fabra ;
BARREIRO FERNáNDEZ, X. (7/1977) O galeguismo histórico (1840-1936). Teima. (32), 37-39.
Ver reportaxe
Mencións: Joaquín Arias Sanjurjo ; Juan Barcia Caballero ; Alexandre Bóveda ; Alfredo Brañas ; Ramón Cabanillas ; Salvador Cabeza de León ; Ricardo Carballo Calero ; Carlos VII de Francia ; Xosé Filgueira Valverde ; Antonio López Ferreiro ; Ramón Máiz Suárez ; Vicente Risco ; José Ortega y Gasset ; Ramón Otero Pedrayo ; Valentín Paz-Andrade ; Juan Manuel Paz Nóvoa ; Castelao ; Francisco Romero Blanco ; Antón Villar Ponte ; Xohán Vicente Viqueira ; Carlos Zubillaga ; Alejandrino Fernández Barreiro ; Antón Losada Diéguez ; Marcelo Macías y García ; Alberte Martínez López ; Lois Peña Novo ; Lois Porteiro Garea ; Esteban Quet y Puigvert ; Ramón Pérez Costales ; Manuel Lago González ; Eugenio Montero Ríos ; Alfonso Alfonso Bozzo ; Xan Moreno González ; Ramón Faginas ; Federico Gallardo ; Joaquín Díaz de Rábago ; Juan Vázquez de Mella y Fanjul ; Ramón Bernárdez ; Olimpio Pérez Rodríguez ; Pedro Pais Lapido ; Bernardo Santaló ; Urbano Anido ; Gabino, conde de Bugallal y Araujo ; José Antonio Parga Sanjurjo ; Evaristo Martelo Paumán ;
(7/1977) ¿Quén tutelará ó tutelar?. Teima. (33), 7.
Ver nota breve
Mencións: Xosé Filgueira Valverde ; Prudencio Landín Carrasco ; Manuel Paz Sánchez ; Manuel Filgueira González ; Antonio Pena Piñeiro ;
(12/1977) Real Academia: Novo presidente. Nosa Terra, A. , 8.
Ver nota breve Fonte da dixitalización: Fundación A Nosa Terra;
Mencións: Ricardo Carballo Calero ; Xosé Filgueira Valverde ; Domingo García-Sabell ; Sebastián Risco ;