Pablo Figueroa

----

Pablo Figueroa


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Pablo Figueroa


Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Pertence ao Corpo de Letrados da Administración da Seguridade Social e ao Corpo Nacional de Secretarios de Cámaras Oficiais da Propiedade Urbana.

Foi xefe da Secretaría do Ministro da Presidencia (1974-1976), xefe da Asesoría Xurídica Provincial da Seguridade Social (1976-82), secretario xeral técnico da Consellería de Traballo, Seguridade Social e Emigración da Xunta de Galicia (1982-1986), secretario xeral técnico da Consellería de Agricultura (1986-1987), secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade (1987-1990), vicesecretario xeral técnico da Consellería da Presidencia e Administración Pública (1990-1993) e secretario xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

É diplomado en Asuntos Comunitarios polo Ministerio Español de Asuntos Exteriores. Desde abril de 2009 foi director da Escola Galega de Administración Pública ata xuño de 2012. A partir desa data foi nomeado Conselleiro Laboral da Embaixada de España en Brasil, cargo que ocupou ata o ano 2017. Desde este posto non só exerceu tarefas correspondentes ao seu cargo, senón que tamén traballou moi intensamente a prol da proxección da cultura galega no mundo lusófono. Un exemplo senlleiro deste labor foi a súa colaboración exercendo de eixe entre as institucións públicas galegas, españolas e brasileiras na coordinación da itinerancia por Brasil da exposición organizada polo Consello da Cultura Galega: Os adeuses. Fotografías de Alberto Martí durante os anos 2014, 2015 e 2016. A mostra percorreu as cidades de Santos, Salvador de Baía, São Paulo, Río de Xaneiro, Brasilia, Curitiba, Belo Horizonte, Manaus e Pernambuco. A coordinación de Pablo Figueroa desta itinerancia, en colaboración cos directores das distintas sedes do Instituto Cervantes en Brasil, foi moi relevante para o éxito da exposición neste país.

Pablo Figueroa nas actividades do CCG