Manuel F. Vieites

----

Manuel F. Vieites

1965 Lorbé (Oleiros, A Coruña)
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Manuel F. Vieites

1965- Lorbé (Oleiros, A Coruña)
Licenciado en Filoloxía e doutor en Filosofía e Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela. Profesor e director da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia desde 2005, ano da súa creación, e docente da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Vigo, en Ourense, na área de Teoría e Historia da Educación, desde 2010. Forma parte de Nova Escola Galega e da Sociedade Española de Historia da Educación.
Publicou traballos sobre educación e animación teatral en revistas arbitradas como Revista Española de Pedagogía, Teoría de la Educación, Foro de Educación, Revista Galega de Educación, Revista Galega do Ensino, Historia y Memoria de la Educación, Revista Complutense de Educación ou Cuadernos de Trabajo Social. Igualmente e desde maio de 2019 é o director de ADE/Teatro, revista da Asociación de Directores de Escena de España.

Publicacións nas que participou Manuel F. Vieites

Portada de  Deseñando horizontes.
LIBRO. ACTAS

Deseñando horizontes.

Situación actual, orixe e planificación do futuro do teatro galego
Portada de As artes escénicas en Galicia
LIBRO

As artes escénicas en Galicia

Situación e perspectivas
Portada de  Galicia e a residencia teatral: compañías residentes e regularización do tecido teatral
LIBRO. ACTAS

Galicia e a residencia teatral: compañías residentes e regularización do tecido teatral

Actas do Encontro celebrado en Santiago de Compostela o 28 e 29 de maio de 1999
Portada de  Animación Teatral
LIBRO

Animación Teatral

Teorías, experiencias e materiais