Xerardo Estévez Fernández

----

Xerardo Estévez Fernández

1948 Santiago de Compostela
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Xerardo Estévez Fernández

1948- Santiago de Compostela
É arquitecto urbanista pola Escola Técnica Superior de Barcelona e cursou estudos de Socioloxía. En 1972 funda en Compostela, con outros profesionais, o equipo Oikos de arquitectura e urbanismo.
Foi alcalde de Santiago de Compostela en catro lexislaturas sucesivas, durante as que aplica a súa formación a promover a conservación e transformación da cidade a través do planeamento, a arquitectura e a cultura. Por ese proceso a cidade foi recoñecida con numerosos galardóns, entre os que destaca o Premio Europeo de Urbanismo 1998 polo Plan Especial da Cidade Histórica. Propiciou a refundación do Real Patronato de Santiago e a creación do Consorcio da cidade, marco en que as administracións local, autonómica e estatal cooperan nas políticas urbanas.
En 1999 retorna ao exercicio profesional. Autor de diversas publicacións sobre arquitectura e urbanismo, territorio, paisaxe e patrimonio, colaborador habitual en medios nacionais, conferenciante e profesor de másteres de urbanismo e rehabilitación, está en posesión do título de Fillo Predilecto de Compostela.

Publicacións periódicas

Aviso Listado automático de documentación relacionada con nos fondos documentais en liña ofrecidos polo Consello da Cultura Galega.
Aturuxo (1953-1956) .
Portavoz de la Casa de Galicia de Las Palmas
Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;

Artigos

BERAMENDI, X. MARIñO, L. (7/1977) Poio : Profesionaliza-la arquitectura galega. Teima. (30), 30-31.
Ver artigo
Mencións: Xerardo Estévez Fernández ; J. Manuel Gallego ; Xosé Bar Boo ; Tomás Pérez Lorente ; José Ángel Hermo Túñez ; José González-Cebrián Tello ;
(7/1977) [Dúas fotografías tomadas no transcurso das I Xornadas de arquitectura galega. 1. Rivera, Beramendi, Silva e Hermo, 2. Estévez, Tarrago e Alcalá]. Teima. (30), 30-31.
Ver gráfico
Mencións: Xusto G. Beramendi ; Xerardo Estévez Fernández ; José Ángel Hermo Túñez ; Manuel Silva Suárez Silva ; Jorge Tárrago Mingo ; Alfredo Alcalá Navarro ;