Biografía de Dalila Dopazo
Xuíza. Maxistrada no Xulgado do Social nº3 de Lugo, anteriormente destinada en Pontevedra, Tarragona e Barcelona. Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Título de especialista en Dereito Civil de Galicia pola Universidade de Santiago de Compostela. Autora de diversos relatorios e artigos, entre os que se contan A mellora tácita. Dereito común e dereito foral galego (REXURGA nº52) ou A quebra da progresividade no proceso de normalización lingüística no Decreto para o plurilinguismo no ensino non universitario de Galicia en VILLARES NAVEIRA, L (coord.): Estudos xurídicos sobre o Decreto para o plurilingüismo (Ed Laiovento, 2010)
Dalila Dopazo nas actividades do CCG
Artigos
DOPAZO, D. (4/2009) Fabricado por mulleres. Andaina. 2ª época 3ª xeira (51).
Ver recensión Fonte da dixitalización: Colectivo Andaina de Mulleres;