Rafael Dieste

----

Rafael Dieste

1899 Rianxo | 1981 Santiago de Compostela
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Rafael Dieste

1899- Rianxo | 1981 Santiago de Compostela
Escritor republicano e galeguista exiliado Rafael Dieste inclinouse desde moi novo polo engado da literatura e filosofía. Educado nos valores da cultura republicana comezou a despuntar axiña como escritor desexo renovar o sistema literario galego. Andando os anos trinta do século XX integrouse na cultura española ao ingresar nas Misións Pedagóxicas. Pasou a guerra civil nas trincheiras das milicias republicanas colaborando coa Alianza de Intelectuais Antifascistas. Logo dela comezou un longo exilio repartido entre Bos Aires, Cambridge e Monterrei, que durou ata 1961. Malia todos os inconvenientes, foi creando unha importante e sólida obra literaria, estruturada arredor da ética e da solidariedade humana, tanto en narrativa como en teatro, ensaio e poesía.

Neno nunha casa de adultos -o menor de sete irmáns ao que o maior lle levaba 23 anos- e de nai uruguaia, Rafael Dieste naceu en 1899 en Rianxo, a vila mariñeira na que tamén naceron Castelao e Manuel Antonio. Rematados os primeiros estudos en Rianxo matricúlase por libre en Maxisterio.

En 1917, tal vez debido a esa arela familiar de convivir coas dúas beiras do Atlántico, Rafael viaxa a Tampico (México) coa idea de vivir a emigración e axudar ao seu irmán Antonio no seu negocio, pero regresa a Galicia en menos dun ano pagándose a pasaxe co importe dun premio literario, convocado polo Casino Español de Zampico. De regreso reanuda os cursos de maxisterio, publica os seus primeiros contos na revista Galicia Nueva de Vilagarcía e na compostelá Cuentos Nuevos. En 1921 comeza en Santiago o servizo militar, pero a raíz do desastre de Annual destacaron o seu rexemento a África para participar na guerra colonial nas montañas do Rif.
Tampouco esta vez lle fixo caso a Manuel Antonio, que pleno de simpatía por Abd-el-Krim, o instaba a desertar, e dedicou os ratos libres a editar con Xosé Mª Brea Segade e Xesús Romero Suárez unha revista mecanografada en galego titulada Charamuscas.

Coa cartilla de licenza militar na man decide forxarse como escritor na cotidianidade xornalística. Así, en 1923 comeza a colaborar en Faro de Vigo, Galicia e El Pueblo Gallego e foi secretario da Asociación da Prensa de Vigo. Son os seus uns artigos de gran calidade a través dos que se expresa estética e ideoloxicamente como republicano e galeguista. Con algúns dos contos que viran a primeira luz nestes diarios, en 1926, pagándoa do seu peto sae a edición de Os arquivos do trasno, o mesmo ano no que saen Cousas de Castelao. En 1927, coa lectura de A Fiestra valdeira ingresa no Seminario de Estudos Galegos, participa na Festa da Prosa Galega, tamén do SEG, e publica A Fiestra Valdeira, considerada unha obra mestra no seu xénero. A primeira representación da Fiestra tivo lugar en Rianxo o 15 de decembro de 1935, nunha función dirixida polo propio autor e interpretada polo grupo teatral de mariñeiros, amas de casa e estudantes que alí funcionaba.

En 1930 decide marchar a Madrid para relacionarse cos cenáculos literarios, pero a súa plena integración na cultura española produciuse en 1932 ao ingresar nas Misións Pedagóxicas, inspiradas no pensamento educativo da Institución Libre de Enseñanza. Rafael era xefe de equipo das Misións e creou e dirixiu o Teatro Guiñol para o que escribiu e improvisou numerosas farsas. En Galicia celebrouse a misión máis longa, desde agosto a decembro de 1933, e en Malpica fixo Dieste a primeira actuación cos monicreques. En recompensa polo seu traballo nas Misións, a Junta de Ampliación de Estudios concedeulle unha bolsa de viaxe que fixo por Francia, Bélxica, Holanda e Italia para analizar as correntes teatrais máis novidosas.

O compromiso republicano do matrimonio Dieste-Muñoz perdurou durante toda a guerra civil a través do labor cultural realizado na zona republicana. Ao inicio mesmo da contenda subscribiron o manifesto fundacional da Alianza de Intelectuais Antifascistas para a Defensa da Cultura e o chamamento “aos intelectuais do mundo enteiro pola vitoria total do pobo”, dirixiu o Teatro Español e desenvolveu un papel xornalístico de primeira orde en El Mono Azul, El Buque Rojo, Hora de España e Nova Galiza. E xa entre Valencia e Barcelona Hora de España. Instalado en Barcelona en 1937, Dieste recibe o encargo de Castelao de dirixir Nova Galiza, revista na que firmou por primeira vez co pseudónimo Félix Muriel e que contén practicamente toda a súa obra bélica en galego. En 1939 ingresou na segunda liña do Exército do Leste como comisario e elaborou a folla para soldados El Combatiente del Este. Desmoronada a resistencia tivo que refuxiarse en Francia e iniciar a viaxe do exilio que, como un “columpio incesante”, os levou a Bos Aires, Londres, Cambridge, Monterrei e novamente Bos Aires.

En febreiro de 1939 Rafael Dieste, entre unha tormenta de vento, cruza a pé os Perineos nevados e foi recluído no campo de concentración de Saint-Cyprien. Pouco despois, embarca coa súa esposa no porto holandés de Rotterdam rumbo a Montevideo. En xullo inician a etapa arxentina do seu exilio. En Bos Aires os Dieste traballaron na editorial Atlántida e fixan o café Tortoni como lugar de reunión cos amigos, exiliados galegos na súa maioría, onde poñen en marcha proxectos culturais e editoriais moi importantes. Rafael, que por esta época escribía case exclusivamente en lingua española, colaborou con narrativa breve ou ensaio nas revistas, tanto galegas (De mar a mar, Correo Literario, Galicia, Resol), coma extragalegas (El Pensamiento Español, Argentina Libre, Alfar.

En 1948 os Dieste emprenden unha viaxe pola Europa asolada trala Segunda Guerra Mundial co encargo de facer un informe sobre a arte europea para o goberno uruguaio, pero entrementres aceptou o ofrecemento de desempeñar o lectorado de español na Universidade de Cambridge (1949-1952), onde pasou moitas horas escudriñando na biblioteca en busca de orientación nas súas investigacións xeométricas. En 1952 abandonan Inglaterra e instálase en Monterrei como profesor de Lingua e Literatura españolas. Dous anos máis tarde retornan a Bos Aires e reintégrase ao seu traballo na editorial Atlántida, participa na fundación da Agrupación Galega de Universitarios, Escritores e Artistas (AGUEA) e nas inquedanzas e proxectos que arredor de Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo desembocan na creación do Laboratorio de Formas de Galicia. Pero cada vez con máis ansiedade, pola súa cabeza rola a angueira de retornar a Galicia. O cónsul Marcelo Fraga Iribarne xestionoulles o pasaporte e o 21 de agosto de 1961, tras máis de 20 anos itinerantes, desembarcan no porto de Vigo. O “columpio incesante” do exilio quedaba compensado pola satisfacción do regreso a Itaca, pero as miserias da vida cultural e política da Galicia daqueles anos ensimesmou máis aínda a Dieste e mantívose dignamente distante, fiel a si mesmo e ao seu sentido ético da vida. Unha das poucas concesión que fixo foi o ingreso como numerario da Real Academia Galega cun discurso sobre A vontade de estilo na fala popular (1971). Rafael Dieste morreu o 11 de outubro de 1981 e en 1995 a Real Academia Galega dedicoulle o Día das Letras Galegas.

Publicacións nas que participou Rafael Dieste

Portada de  Charamuscas, 1923
LIBRO. FACSíMILE

Charamuscas, 1923

Unha revista galega na Guerra de África: estudios e transcrición

Materiais de Rafael Dieste

Texto. Presentación

Rafael Dieste

As gravacións do ASG permiten coñecer a visión ética e estética do autor rianxeiro

Homenaxe a Rafael Dieste (gravacións de 1957, 1959 e 1980)

Publicacións periódicas

Aviso Listado automático de documentación relacionada con nos fondos documentais en liña ofrecidos polo Consello da Cultura Galega.
Miliciano Gallego, El (1936-1937) .
Órgano del Cuarto Batallón de la Primera Brigada Mixta de Líster
Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
Galicia Libre (1937-) .
Semanario popular informativo
Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
Nova Galiza (1937-1938) .
Boletín quincenal dos escritores antifeixistas
Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
Aquí…Galicia! (1960-) .
Órgano de la Peña Cultural Gallega "Rosalía de Castro"
Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;

Artigos

SANTISO GIRóN, L. (1/1931) Impresiones. Una obra de Rafael Dieste. Galicia [Bs As 1930]. [1ª] (191), 3.
Ver recensión Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións: Rafael Dieste ;
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (12/1934) Orientacións. Necesidade dun teatro galego. Galicia [Bs As 1930]. 2ª (396), 2.
Mencións: Álvaro de las Casas ; Rafael Dieste ; Antón Villar Ponte ; Xil Vicente ;
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (1/1935) Proeles. Tres xeneracións literarias. Galicia [Bs As 1930]. 2ª (397), 3.
Mencións: Luís Amado Carballo ; Rafael Dieste ; Euxenio Montes Domínguez ; Manuel Antonio ;
CARBALLO, R. (12/1944) Unha xeneración desertora. Nosa Terra, A. (433), 4.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
Mencións: Rafael Alberti ; Luís Amado Carballo ; Eduardo Blanco Amor ; Ramón Cabanillas ; Ánxel Casal ; Álvaro de las Casas ; Plácido Castro ; Ramón María Valle-Inclán ; Rafael Dieste ; Federico García Lorca ; Jorge Guillén ; Eloy Luís ; Vicente Risco ; Xosé Otero Espasandín ; Ramón Otero Pedrayo ; Manuel Antonio ; Castelao ; Pedro Salinas ; Valente Paz-Andrade ; Ramiro Illa Couto ; Manuel Portela Valladares ;
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (7/1954) Rafael Dieste. Galicia Emigrante. (2), 5, .
Mencións: Rafael Dieste ;
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (2/1963) Noticiario Gallego. Galicia [Bs As 1926]. (529), 15 .
Mencións: Ricardo Carballo Calero ; Álvaro Cunqueiro ; Rafael Dieste ; Francisco Fernández del Riego ; Celso Emilio Ferreiro ; Vicente Risco ; Sebastián Martínez-Risco y Macías ; Ramón Otero Pedrayo ;
MAGARIñOS, A. (1/1977) Prensa galega (1931-1936) : "Resol" e "Ser". Teima. (6), 30-31.
Ver artigo
Mencións: Xerardo Álvarez Gallego ; Manuel Azaña ; Jesús Bal y Gay ; Eduardo Blanco Amor ; Fermín Bouza Brey ; Ramón Cabanillas ; Ricardo Carballo Calero ; Álvaro de las Casas ; Plácido Castro ; Manuel Colmeiro ; Arturo Cuadrado ; Álvaro Cunqueiro ; José Díaz Jácome ; Rafael Dieste ; Marino Dónega ; Francisco Fernández del Riego ; Bibiano Fernández Osorio-Tafall ; Ánxel Fole ; Johan Carballeira ; Aquilino Iglesia Alvariño ; Manuel Leiras Pulpeiro ; Manuel Lugrís Freire ; Luís Manteiga ; Vicente Risco ; Carlos Maside ; Antonio Noriega Varela ; Ramón Otero Pedrayo ; Valentín Paz-Andrade ; Manuel Antonio ; Emilio Pita ; Rodolfo Prada ; Castelao ; Luís Seoane ; Ramón Suárez Picallo ; Luís Pimentel ; Antón Villar Ponte ; Victoriano Taibo ; Roberto Blanco Torres ; Camilo Díaz Baliño ; Evelio Acevedo ; Lois Peña Novo ; Eliseo Pulpeiro ; Eugenio Montes ; Aureliano José Pereira de la Riva ; Juvenal Ortiz Saralegui ; José Pasín Romero ;
MONTERO SANTALHA, J. (5/1977) Os 80 anos de Rodrigues Lapa. Teima. (24), 30-31.
Ver artigo
Mencións: Eduardo Blanco Amor ; Ramón Cabanillas ; Ricardo Carballo Calero ; Xosé María Díaz Castro ; Rafael Dieste ; Francisco Fernández del Riego ; Ánxel Fole ; Uxío Novoneyra ; Ramón Otero Pedrayo ; Ramón Piñeiro ; Manuel Rodrigues Lapa ; Silvio Santiago ;
(7/1977) Escolma Teima. Teima. (31), 33.
Ver recensión
Mencións: Fermín Bouza Brey ; Álvaro Cunqueiro ; Rafael Dieste ; Xosé Luís Méndez Ferrín ; Segundo L. Pérez López ; Andrés Torres Queiruga ; Antonio María Rouco Varela ; Juan José Cebrián Franco ; Francisco Carballo Carballo ; Norberto Alcover Ibáñez ; Bruno Fuentes ; Teolindo F. Gómez ; Julio Andión Marán ; Maricruz Carballido ; Hermelinda Dapena Tarela ;
CATOIRA, M. (8/1977) Narrativa : A teoría corpuscular. Teima. (35), 31.
Ver recensión
Mencións: Xavier Alcalá ; Eduardo Blanco Amor ; Ricardo Carballo Calero ; Carlos Casares ; Álvaro Cunqueiro ; Rafael Dieste ; Celso Emilio Ferreiro ; Ánxel Fole ; Xosé Luís Franco Grande ; Xosé Luís Méndez Ferrín ; Xosé Neira Vilas ; Ramón Otero Pedrayo ; Xohana Torres ; Marcial Valladares ; Ignacio Vázquez Diéguez ; Carlos Durán ; Xoán Ignacio Taibo ; Lois Diéguez ; Paco Martín ;
GARCíA, X. (2/1979) O caro portugués: Resposta á Tribuna nº 41, «Galego e/ou portugués». Nosa Terra, A. (48), 12.
Ver carta Fonte da dixitalización: Fundación A Nosa Terra;
Mencións: Ricardo Carballo Calero ; Rosalía de Castro ; Miguel de Cervantes ; Rafael Dieste ; Juan Ramón Jiménez ; Castelao ; Carlos Durán ;
EIRé, A. (4/1980) Rafael Dieste: Galeguismo universalista. Nosa Terra, A. (101), 7.
Ver entrevista Fonte da dixitalización: Fundación A Nosa Terra;
Mencións: Rafael Dieste ; Manuel Antonio ;