NOTICIA

----

A presidenta e a Comisión Executiva reúnense co presidente do Parlamento de Galicia

A presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), xunto coa Comisión Executiva da institución, reuníronse esta mañá co presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices. A xuntanza foi solicitada polo CCG trala reelección da súa presidenta e o nomeamento da nova executiva para abordar os futuros proxectos desta institución.

Na reunión abordáronse os futuros proxectos da institución como a vindeira celebración dos 40 anos do CCG, que se cumpren en 2023. A xuntanza insírese dentro da rolda de entrevistas mantidas por Rosario Álvarez trala súa reelección á fronte do CCG o pasado mes de xuño e o posterior nomeamento da Comisión Executiva, formada polo vicepresidente Xosé Manoel Núñez Seixas; o secretario Silvestre Gómez Xurxo e Rebeca Blanco-Rotea máis Alejo Amoedo como vogais. Á xuntanza asistiu tamén o xerente, Marcelino Fernández.