----

A Presidenta e a Comisión Executiva reúnense con Alfonso Rueda, presidente da Xunta

A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, acompañada da nova Comisión Executiva, reuniuse esta mañá con Alfonso Rueda Valenzuela, presidente da Xunta de Galicia e presidente de honra do CCG. Na xuntanza falouse da situación actual do sector, da importancia da cooperación en material cultural e dos retos de futuro.
A Presidenta e a Comisión Executiva reúnense con Alfonso Rueda, presidente da Xunta

A reunión é a primeira desde a reelección de Rosario Álvarez como presidenta da institución. Pola parte do CCG acudiron a presidenta do CCG, xunto coa nova Comisión Executiva formada polo vicepresidente Xosé Manoel Núñez Seixas; o secretario Silvestre Gómez Xurxo e Rebeca Blanco-Rotea máis Alejo Amoedo como vogais, e o xerente, Marcelino Fernández.

No marco da xuntanza abordouse a situación actual da cultura galega trala pandemia e a necesidade de cooperación en materia cultural. Ademais, abordáronse a celebración dos corenta anos da creación do CCG, que se cumpren en 2023, e do centenario da fundación do Seminario de Estudos Galegos.