Comeza a Residencia de tradución poética que apoia o Consello da Cultura Galega

Hoxe arrinca en Olot a Residencia de Tradución de Poesía entre catalán, éuscaro e galego. Un proxecto promovido polo Institut Ramon Llull, co apoio do Consello da Cultura Galega e do Etxepare Euskal Institutua. Nel participan Jesús Castro Yáñez, María Alonso Seisdedos, Raquel Senra Fernández, Itxaro Borda, Leire Martinez de Marigorta Varela, Lluïsa Soaz González, Eduard Velasco, Pau Hernánez, Ainara Maya Urroz e Isaac Xubín.

O obxectivo do curso é ofrecer aos tradutores un espazo de traballo, inspiración e intercambio. O curso dividirase en dúas partes: actividades grupais para favorecer o intercambio entre os participantes que incluirán encontros de inspiración e orientación con outros tradutores e autores; traballos individuais nos que cada tradutor poderá desenvolver o seu propio proxecto de tradución.

Ademais, o curso complementarase coa participación nun festival literario nos territorios de orixe dos organizadores.

Outras noticias que che poden interesar