O Consello da Cultura Galega e a Fundación María José Jove promoverán a preservación do patrimonio cultural e natural galego e a súa sostibilidade

Desenvolver accións e actividades que contribúan a analizar e promover o patrimonio cultural e natural de Galicia, especialmente no ámbito da sostibilidade. Estes son os obxectivos do convenio de colaboración asinado polas presidentas do Consello da Cultura Galega (CCG) e da Fundación María José Jove (FMJJ), Rosario Álvarez e Felipa Jove, respectivamente.
O Consello da Cultura Galega e a Fundación María José Jove promoverán a preservación do patrimonio cultural e natural galego e a súa sostibilidade

A alianza de ambas entidades facilitará a conexión entre persoas de diferentes disciplinas e ámbitos e fomentará a producción de coñecemento en relación a Galicia, á súa cultura, en xeral, e á arte contemporánea, en particular.

Cunha duración de 4 anos prorrogables, o Consello da Cultura Galega e a Fundación María José Jove comprométense a desenvolver cursos, traballos de investigación, publicacións, conferencias e coloquios de divulgación, difusión cultural e patrimonial de Galicia.

Rosario Álvarez, destacou a relevancia deste acordo que “se enmarca no obxectivo institucional de tecer redes cos diferentes axentes do sistema cultural galego, e que se concreta na dirección, tan urxente coma necesaria, de reflexionar sobre a función da arte na sociedade actual e de procurar unha cultura sostible”.

Para Felipa Jove “este acuerdo es un paso más en el compromiso de la Fundación María José Jove de apoyo a la creación artística y al posicionamiento de Galicia en el panorama del arte contemporáneo internacional, ayudando al fortalecimiento de su infraestructura cultural”.

Primeira sesión: o poder dos museos
A primeira iniciativa deste acordo concrétase no ciclo "As institucións do futuro. Repensar as estruturas culturais galegas", que se insire na liña de traballo sobre "Cultura e sustentabilidade" que desenvolve a Comisión Técnica Temporal de Xestión e Políticas Culturais do CCG. A primeira das sesións terá lugar de febreiro co título “Situarnos: o poder dos museos” e contará coa participación de Manuel Borja-Villel, director do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía. A actividade desenvolverase en Santiago, na sede do Consello da Cultura Galega.

A Fundación María José Jove
María José Jove, finada en marzo de 2002, estivo sempre vencellada ao compromiso social orientado aos colectivos menos favorecidos, sendo a infancia unha das súas grandes preocupacións. Por este motivo, a súa familia quixo impulsar este proxecto e levar á práctica a súa extraordinaria sensibilidade, creando unha Fundación que leve o seu nome, baixo a presidencia de Felipa Jove Santos. Fundada en 2003, a Fundación María José Jove traballa en materia de infancia e inclusión social a través de catro áreas de actividade: Saúde, Educación e Formación, Lecer e Tempo Saudable e Arte.