NOTICIA

----

Dez persoas seleccionadas para a residencia de Tradución poética entre catalán, eúscaro e galego

Jesús Castro Yáñez, María Alonso Seisdedos, Raquel Senra Fernández, Itxaro Borda, Leire Martinez de Marigorta Varela, Lluïsa Soaz González, Eduard Velasco, Pau Hernánez, Ainara Maya Urroz e Isaac Xubín son as persoas seleccionadas pola comisión para a residencia de Tradución de Poesía entre catalán, éuscaro e galego. Este proxecto está promovido polo Institut Ramon Llull, co apoio do Consello da Cultura Galega e do Etxepare Euskal Institutua.

As persoas seleccionadas permanecerán na residencia Faberllull Olot do 1 ao 8 de abril. O programa ofrece unha estadía de sete noites en réxime de media pensión, viaxe de ida e volta ata o lugar da estadía e unha axuda de custo de 350 €.

O obxectivo do curso é ofrecer aos tradutores un espazo de traballo, inspiración e intercambio. O curso dividirase en dúas partes: actividades grupais para favorecer o intercambio entre os participantes que incluirán encontros con outros tradutores e autores de inspiración e orientación; así como de traballos individuais nos que cada tradutor poderá traballar no seu propio proxecto de tradución.

Ademais, a participación no curso complementarase coa participación nun festival literario nos territorios de orixe dos organizadores.