NOTICIA

----

Unha xornada aborda as relacións entre a arte e a psicanálise

O especialista en psicanálise Félix Recio, o crítico de arte Fernando Castro e a galerista Asunta Rodríguez debaterán mañá no Consello da Cultura Galega (CCG) sobre as relacións entre a psicanálise a arte. É unha nova proposta do ciclo “Entre... e a arte” que busca afondar nas conexións entre a arte e outras disciplinas. A presidenta do CCG, Rosario Álvarez, e o coordinador da Sección de Creación e Artes Visuais, Manuel Quintana Martelo, inaugurarán mañá (16:30 horas) esta cita que coordinan Jesús Pastor, Miguel Fernández Cid e a propia Asunta Rodríguez. A xornada é presencial pero poder seguirse en directo a través do web e as redes sociais do CCG.

A xornada busca debater, a partir da óptica da psicanálise, o papel que pode desempeñar na arte contemporánea nunha interlocución mutua, de ida e volta. “Non se trata da aplicación directa da psicanálise á arte, nin ao artista, nin á obra de arte, senón de formular as súas mutuas confluencias” explica Jesús Pastor, un dos coordinadores deste encontro.

O filósofo, profesor, crítico de arte, comisario de exposicións, autor de libros de reflexión sobre a actualidade Fernando Castro Flórez. Faino cun relatorio titulado “É cousa sinistra”. Despois intervén Féliz Recio Palacio, sociólogo, psicanalista, profesor da Universidad Complutense de Madrid e membro do Foro Psicanalítico de Madrid, institución que ten como obxecto principal a interlocución entre a psicanálise e outros discursos contemporáneos. O título do seu relatorio é “Lacan e a representación pictórica: o baleiro, o omnimoso e a letra”. A sesión pecha cunha mesa redonda moderada por Asunta Rodríguez na que participan os dous relatores.

O ciclo
“Entre a ... e a arte” é o título dun ciclo que arrincou en 2017 coa intención de analizar a relación da arte con outros campos de coñecemento, pero non ao estilo tradicional, tendo como emisor a arte, senón á inversa: cómpre saber como o público e especialistas doutras disciplinas se achegan á arte e á creación desde pensamentos máis ou menos estruturados. En cada sesión deste ciclo, recoñecidos especialistas conten en primeira persoa o seu modo de achegarse á arte, colaborando con artistas ou realizando propostas de claro compoñente creativo. Estas xornadas pretenden que profesionais alleos á xeración da obra artística falen dos procesos artísticos.