A presidenta do Consello da Cultura Galega recibe ao Embaixador de Irlanda en España

A presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), Rosario Álvarez, recibiu esta mañá ao Embaixador de Irlanda en España, Frank Smyth. Na visita abordaron posibles vías de colaboración entre ambas entidades arredor da conexión que existente entre a cultura galega e a irlandesa. Ademais, o embaixador asinou no Libro de Honra da institución.
A presidenta do Consello da Cultura Galega recibe ao Embaixador de Irlanda en España

Na visita estaban presentes Paula Molloy, conselleira da embaixada irlandesa, e pola banda do CCG, o xerente da institución, Marcelino Fernández; a responsable de acción exterior, Emilia García; o membro da Comisión de Relacións Institucionais e Acción Exterior, David Clark; e máis Antonio de Toro, fundador do Instituto de Estudos Amerguin da Universidade da Coruña (USC).