Mañá concluirán en Santiago os XIII ENCONTROS PARA A NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Os XIII Encontros para Normalización Lingüística concluirán hoxe con atención especial ás iniciativas impulsadas desde os concellos e á situación do galego na Administración de Xustiza. Organizados polo Centro de Documentación Sociolingüística do Consello da Cultura Galega

As sesións de traballo comezaron onte coas intervencións de Ramón Villares, Presidente do Consello da Cultura Galega, Anxo Lorenzo, Secretario Xeral de Política Lingüística, e Henrique Monteagudo, director do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia.


As sesións, no auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago, abriranse hoxe venres ás 10 horas co relatorio “A promoción do galego como política pública”, a cargo do politólogo Xosé Luís Barreiro Rivas.


Ás 12´15 horas Nel Vidal, do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia, presentará o informe “Análise da acción política no ámbito municipal”.


Ás 16 horas reflexionarase sobre as accións para a promoción do galego desde os concellos nunha mesa redonda na que falarán Hermitas Valencia (BNG), Román Rodríguez (PP) e Francisco Cerviño (PSdeG-PSOE).


Pechará os Encontros unha mesa de traballo sobre “O galego na Administración de Xustiza” cos relatorios de Ana López-Suevos, Martín Ramos, Patricia López e Ánxel Sobriño.


No espazo complementario “Proxecta” presentaranse diferentes recursos e propostas para a normalización do idioma galego. Ás 11´15 horas unha unha historia gráfica da normalización lingüística, elaborada por Rosario Pérez Magdalena, e ás17´15 horas, Linguagalega.tv


Coordinados por Susana Mayo e Henrique Monteagudo, os XIII Encontros para a Normalización Lingüística contan coa colaboración da Coordinadora de Traballadores e Traballadoras da Normalización da Lingua e a Secretaría Xeral de Política Lingüística.

www.consellodacultura.org

www.consellodacultura.org/arquivos/cdsg/


Outras noticias que che poden interesar