Esta publicación é o contrapunto doutra anterior, editada no ano 2007, titulada Na nosa lyngoage galega. A emerxencia do galego como lingua escrita na Idade Media. Neste caso, o novo volume estuda o abandono do uso escrito formal da nosa lingua entre os séculos XV e XVI e os procesos de cambio en que naquela altura estaba inmersa.
Os traballos en que se estudan as cuestións relativas á lingua galega no final da Idade Media van precedidos por unha análise do marco político, económico e social en que o reino de Galicia chegou a esta conxuntura histórica, elaborado por Anselmo López Carreira, e por dúas contribucións destinadas a presentar o escenario en que se deu a transición da Idade Media á Idade Moderna en dúas comunidades lingüísticas veciñas de Galicia que estaban inmersas en escenarios sociolingüísticos ben diferentes entre si: Portugal e Asturias, elaboradas á súa vez por Juan M. Carrasco e Xulio Viejo. Os diferentes especialistas que analizan o galego e a súa situación a finais de século son Xavier Varela, Ricardo Pichel, Ramón Mriño, Xosé Manuel Sánchez Rei, Lucía Doval e Gonzalo Hermo.
O libro pode descargarse de balde na Mediateca do Consello da Cultura Galega.