NOTICIA

----

O cardeal Pell visita a exposición “Rosendo Salvado, valedor do pobo aborixe”

O cardeal George Pell, que acaba de ser nomeado prefecto da nova Secretaría Económica da Santa Sé, estivo esta fin de semana en Santiago para participar no encontro organizado polo Camiño Neocatecumenal. Entre as actividades realizadas, Pell visitou a exposición “Rosendo Salvado, valedor do pobo aborixe”, organizada polo Consello da Cultura Galega. Unha cita que ten unha especial conexión xa que George Pell foi arcebispo de Sydney, país australiano onde Salvado desenvolveu o seu traballo evanxelizador dun xeito singular.
O cardeal Pell visita a exposición “Rosendo Salvado, valedor do pobo aborixe”

Francisco Díaz-Fierros, comisario da exposición, foi o encargado de facer o percorrido, que lle serviu para dar a coñecer o legado deixado polo tudense nese país. Ademais, iniciáronse as negociacións para levar esta exposición a Australia.

O Camiño Neocatecumenal organizou esta fin de semana un encontro vocacional que trouxo á cidade a 6000 mozos e mozas de Castela e León, Asturias, Cantabria, País Vasco, A Rioxa, Madrid e do norte de Portugal.