Os XV Encontros para a Normalización Lingüística subliñan a necesidade de amplos compromisos sociais e políticos para unha acción eficaz e sostida en defensa da lingua

primeira xornada dos XV Encontros para Normalización Lingüística subliñou a necesidade dun activo compromiso dos poderes públicos e a adhesión e a vontade da cidadanía nun amplo compromiso social e politico para unha acción eficaz e sostida en materia lingüística. O programa analizou o proceso desenvolvido desde a aprobación da Lei de Normalización Lingüística de Galicia (1983) e prestou tamén atención á situación en Catalunya e Euskadi. O acto inaugural, presidido por Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, contou coa asistencia de Valentín García Gómez, Secretario Xeral de Política Lingüística, Henirque Monteagudo, coordinador do Centro de Documentación Sociolingüística-CCG, E Nel Vidal en representación das Coordinadoras de Normalización da Lingua. Os Encontros, organizados ininterrumpidamente desde 1998 polo Consello da Cultura Galega, e aos que asisten cen estudiosos e especialistas, finalziarán hoxe con especial atención á comunidade educativa.
Os XV Encontros para a Normalización Lingüística subliñan a necesidade de amplos compromisos sociais e políticos para unha acción eficaz e sostida en defensa da lingua

A xornada abriuse coa intervención do investigador social Xaime Subiela, que analizou as tres décadas transcorridas desde a aprobación da Lei de Normalización Lingüística e apostou pola visión e a consideración do galego como ben común, como oportunidade no marco do multilingüismo.

Outras visións foron aportadas por Paz Lamela, primeira Directora Xeral de Polìtica Lingüística da Xunta d eGalicia; Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística; Carme Vidal, xornalista cultural, e Iván Vaqueiro, director de proxectos da Federación Galega de Parques Empresariais.

Pola tarde o investigador Esteve Valls (Universitat de Barcelona) e Patxi Xabier Baztarrika, viceconselleiro de Política Lingüística do Goberno Vasco, falaron dos escenarios catalán e vasco, respectivamente.

Por último presentouse o volume “Linguas, sociedade e política. Un debate multidisciplinar”, editado polo CCG e que recolle os traballos presentados ao seminario celebrado nesta institución entre decembro de 2009 e xuño de 2010.

O VENRES SESIÓNS FINAIS E CONCLUSIÓNS

Os Encontros finalizarán o venres día 19 con particular atención á consideración do galego no ensino e na comunidade educativa, nos traballos colaborativos e na presentación de propostas concretas aplicables ao traballo normalizador, dacordo co programa seguinte.

10:00 DEBATE: O GALEGO NO ENSINO: MARCO NORMATIVO.

- A PROGRESIVIDADE DA LNL NOS DECRETOS PARA O ENSINO. Dalila Dopazo, Maxistrada do Xulgado do Social de Lugo.

- A EVOLUCIÓN DA LEXISLACIÓN ARREDOR DO GALEGO E DO ENSINO. Xosé Luís Janeiro, UV.

- CARA ONDE SE LEVA O GALEGO NO SISTEMA EDUCATIVO. Mariló Candedo, NEG.

- A FORMACIÓN DO PROFESORADO DENTRO DUN MARCO PLURILINGÜE E NORMALIZADOR. Bieito Silva, USC.

-12:00 MESA DE EXPERIENCIAS: O GALEGO NO ENSINO: EXPERIENCIAS DA COMUNIDADE EDUCATIVA.

- EU FUN ALUMNA DE SECCIÓN BILINGÜE. Laura Prego, estudante.

- SCIENCE NO COÑECEMENTO DO MEDIO. Ana Castro, nai de alumnado de centro plurilingüe.

- O GALEGO NUNHA POESÍA. Begoña Villaverde, nai de alumnado de centro non plurilingüe.

- DOCENTES DE MANS ATADAS. Belén Escariz, docente de E. Infantil.

- UNHA LANDRA ENTRE EUCALIPTOS. Manuel García, docente de E. Secundaria en centro concertado.

- TIL: OUTRO ENFOQUE É POSIBLE. Francisco C. Díaz, Cefore de Pontevedra.

16:30 RELATORIO. AS ACTITUDES DA MOCIDADE CARA AO GALEGO.

- Bernardette O´Rourke, Heriot-Watt University.

17:30 PROPOSTAS DE ANÁLISE: O TRABALLO COLABORATIVO E DE IMPLICACIÓN APLICABLE Á NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA.

- A COMUNICACIÓN COA CIDADANÍA E A SÚA IMPLICACIÓN NOS PROXECTOS SOCIAIS (IMPLICAD@S NODESENVOLVEMENTO). María Reimóndez, Implicad@s no Desenvolvemento.

- O CROWFUNDING EN NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA (VITAMINAS PARA O GALEGO).

Henrique Sanfiz, Vitamina para o Galego.

19:00 PROPOSTAS DE ESPAZOS.

- APLICACIÓN DE BUSCATERMOS PARA DISPOSITIVOS MÓBILES. Xusto Rodríguez, USC e Alejandro Lamas, (Sixtema).

- VIVEIRO DE PROPOSTAS NORMALIZADORAS. Queca Carballo, CTNL.

-20:00. CLAUSURA DOS ENCONTROS.