NOTICIA

----

ALFREDO VICENTI RECIBE UNHA HOMENAXE NO CCG COMO PRECURSOR DO XORNALISMO CONTEMPORÁNEO EN GALICIA

O secretario do Consello da Cultura Galega, Henrique Monteagudo, e o decano da Facultade de Ciencias da Información e responsable da Sección de Comunicación, Xosé López foron os encargados da presentación do actos que van ter lugar en Santiago dentro da Semana de Homenaxe a Alfredo Vicenti, organizada con motivo do 150 aniversario deste político, xornalista e escritor compostelán.

A principal novidade dentro do calendario de eventos que estaba previsto para honrar a Vicenti entre o luns, 26 de novembro e o sábado, 1 de decembro, é o cambio nos actos que se desenvolverán en Santiago. Deste xeito, a conferencia do mércores 28 na Facultade de Ciencias da Información de Santiago a cargo do historiador e principal artífice da homenaxe, José Antonio Durán, Alfredo Vicenti (Periodismo e autonomismo galerista, de raíz federal), trasládase ó xoves 29, uníndose así á presentación da versión en lingua galega do audiovisual Da arte de vivir, producido polo Taller de Ediciós J.A Durán (Ed.) e patrocinado polo Consello da Cultura Galega. Así, estes actos terán lugar o xoves, 29 a partir das 18,00 h. no Salón de Actos da institución.

En torno á figura de Vicenti
A Semana de Homenaxe a Alfredo Vicenti complétase cunha serie de actos institucionais en Pontevedra, no Salón Nobre de Palacio Provincial, en Ordes, na Casa da Cultura, e en Madrid, no Congreso dos Deputados, actos nos que se presentarán dous libros, Alfredo Vicenti, el maestro del periodismo español, de J.A Durán, e Galiciana básica de Alfredo Vicenti (Poesía e prosa, 1868-1916), editado para a Deputación de Pontevedra e terán lugar varios concertos.