NOTICIA

----

A PRESENTACIÓN DO INFORME DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA CENTRARÁ UNHAS ENCONTROS SOBRE A NORMALIZACIÓN

A presentación do Informe de Política Lingüística e Normalización centra a quinta edición dos Encontros para a Normalización Lingüística, que terán lugar os vindeiros 25 e 26 de outubro na sede do Consello da Cultura Galega, organizados polo Arquivo de Planificación e Normalización Lingüística. Este Informe estrucúrase en torno a un minucioso estudio da política de difusión no ensino, na empresa ou no ámbito editorial, aínda inmersos nas campañas e actividades do Ano Europeo das Linguas.

Pero o Informe non será o único tema aboradado nestes Encontros nos que tamén se terá en conta a experiencia dos servicios de normalización nas institucións, nesta edición orientados a coñecer o labor dos profesionais que traballan na sede das catro deputacións provinciais.

A lingua na Unión Europea
Partindo da premisa de que o idioma galego non debe permanecer alleo ás iniciativas comunitarias se se quere incrementa-lo número de falantes, os Encontros presentarán o plano de normalización para o concello de Santiago, destinado a cambia-los hábitos lingüístico de tódolos sectores da comarca e a marcar unha nova pauta nos proxectos da Comunidade.

A inscrición, que remata o vindeiro 19 de outubro, custa 5.000 pesetas e pode formalizarse por correo electrónico ou por correo ordinario á sede do Consello da Cultura Galega, no Pazo de Raxoi, 2º andar, Praza do Obradoiro, CP 15704, en Santiago de Compostela.