
Na asemblea anual celebrada entre o 27 e o 29 do pasado setembro en Cracovia (Polonia) o Arquivo da Emigración Galega estivo representado por Emilia García López, que presentou o relatorio “Patróns de comportamento da emigración galega en Europa”.
A Asociación de Institutcións para as Migracións Europeas (AEMI), creada en 1989, agrupa a institucións e entidades de Polonia, Italia, Dinamarca, Noruega, Suecia, Irlanda, Portugal, Croacia, Letonia, Francia, Bélxica, Australia, Luxemburgo, Alemaña, Macedonia, Grecia e Euskadi. A cidade de Karlstadt (Suecia) acollerá en 2013 a nova asemblea de AEMI.
O Arquivo da Emigración Galega naceu como un programa promovido pola Sección de Cultura Galega no Exterior, do Consello da Cultura Galega, e configurouse desde 1992 como un lugar de encontro, centro documental e de información para os investigadores interesados no estudo do fenómeno migratorio galego.
Máis información en:
http://aemi.eu/
http://aemi.eu/the-migration-archive-galician-council-of-galician-culture/
http://www.consellodacultura.org/aeg/