----

Xuventude de Galicia. Centro Galego de Lisboa

Xurdiu en novembro de 1908, momento no se xuntan un grupo de mozos inmigrantes galegos para facer un centro de instrución e recreo coa principal dedicación inicial a actividades musicais e de lecer. Tal como explican Juan Gil López e Afonso Vázquez-Monxardín o artigo primeiro dos estatutos da entidade contén a duplicidade da nomenclatura: A denominação desta associação será "JUVENTUDE DA GALIZA", podendo designar-se também por CENTRO GALEGO DE LISBOA.
Entidade editora:
1915. Juventud de Galicia. Lisboa.
1957. Voz de Breogán, La. Lisboa.
1959. Heraldo de Galicia. Lisboa.
1970. Boletín da Xuventude de Galiza. Lisboa.
1988. Galego, O. Lisboa.
1994. Galicia ó lonxe. Lisboa.